Free songs
 
 

Lengua Nativa

David Castro

Recensión

Lengua nativa é un título alegórico que lle serve ao cineasta para falar de herdanza, memoria e desmemoria. O filme comeza con fotografías entrecortadas dunha familia de Sotrondio que, a modo de prólogo, vai acompañada dunha voz "doutro país" (Galiza). O que vemos non coincide co que escoitamos; un conflito que se anuncia con antelación e onde o filme se refire de xeito alegórico como "lingua nativa". Dende estas premisas, o director propón un achegamento a diferentes espazos físicos (Sotrondio, Xixón, Pravia, LLuarca), xeografías incorporadas día a día polos seus habitantes.

Neste proxecto colabora a escritora Chus Pato, unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual, que presta a súa voz à longametraxe. Ademais, a película toma o título dun poema de Chus Pato e inclúe varios textos do seu poema Fascinio.

Festivais

Festival de Xixón

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.