Free songs
 
 

Contrafilmes I e II

Susana Rey

Recensión

Contrafilmes é unha “colaxe-ensaio” –dez pequenas pezas independientes– nado da sensación de irrealidade que impregna o momento actual. Este traballo en proceso contrúese sobre a linguaxe do efímero, a ironía, os xogos de palabras, o fragmentario, a asociación de ideas... Entre os alaridos do tráfico respira unha cidade interior que oculta a soidade e os desexos do individuo contemporáneo.

Medos, microadaptación de Os paxaros de Hitchcock, móstranos as neuroses dunha “ama de casa”.

Xogos (5’) é un guiño ao absurdo do universo financiero valéndose do humor e da expresión gráfica (animación), o mesmo que Finanzas (4’); esta peza engade a componente desestabilizadora da montaxe para profundizar nunha sorte de psicoloxía conspiranoica que desenvolve o cliente-consumidor. Pic-nic (3’) subliña a inxerencia da tecnoloxía nas nosas vidas; Disparo (4’) e Soños (5’) revelan o poder da violencia subliminal. Palabras (10’) mostra a magnitude humana do desemprego a través do pensamento dun parado ”atrapado” nunha cama. Eclipse (7’)’ advírtenos, con ironía, sobre a brevidade da vida.

Que pasaría se un día os informativos...? Sobremesa (2’) fálanos da indiferencia e a anestesía provocadas polo exceso da información, da banalización da información como unha retahíla de “sucesos” encadenados aos que asistimos a diario desde a comodidade da nosa sobremesa... (Un dos “grandes relatos do xénero masculino” como é a guerra, por exemplo, pasa desapercibida entre outros “sucesos cotidianos dun universo pretendidamente feminino”. Nun alarde de extremo “eurocentrismo”, é tímidamente apuntada pola importancia dos posibles efectos económicos do conflito sobre a zona...). Invertimos a situación e a linguaxe para subliñar a indiferenza e a anestesia provocadas pola información: Agora son os propios medios os que, a modo de espello, despregan unha narrativa descriptiva e literaria (metáforas, comparacións, asociacións) que, nun “exceso de humanidade”, funciona por contraste para informarnos e alertarnos da nosa inmunidade.

Números (6’) insiste, “in crescendo”, no o poder das estadísticas no cotiá dunha muller calquera... A desconfianza dos cidadáns nas estatísticas é inversamente proporcional ao uso e abuso que delas se fai no mundo da política, do patriarcado, dos negocios e dos medios de comunicación.

Estas, entre outras, son algunhas das teimas recorrentes que a autora aborda desde un contraenfoque. Como declara Susana Rey: “Facer un contrafilme, contrafilmar, é un xeito de ollar o mundo.”

Unha selección destas pezas foi proxectada en Cineuropa 2010 baixo o título Poéticas urbanas: A cidade interior .

Proxecións

“Visións – Cinema e Muller”, Museo de Pontevedra, 2016 | “Galicia en Madrid”, Día das Letras Galegas, Matadero, Madrid, 2011 | Filminho 2008 | Festival de Ourense 2008 | Cineuropa 2008 | TV/Web Programa “Onda curta”, TVG, 2008

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.