Rey, Susana

 

(Pontevedra, 1966) Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ten unha extensa traxectoria no mundo das artes plásticas. Participou e foi premiada en varias exposicións. No mundo do cinema entrou no departamento de dirección de arte en Los lunes al sol (2002), de Fernando de Aranoa, e en De bares (2006), de Mario Iglesias. Púxose detrás da cámara con Cousas do Kulechov (2006), filme co que conseguiu un grande éxito en festivais e de público. Posteriormente realizou dous proxectos en continuidade, Contrafilmes (2008) e Contrafilmes II (2009).