Xullo-Agosto 2005
Negociacións entre o PSdeG e o BNG para facer goberno. Decídese que a política audiovisual fique dividida: a promoción competerá ao PSdeG e a produción ao BNG.
Setembro 2005
Estrea de CCCV (Cineclube Carlos Varela) de Ramiro Ledo no Festival de Poesía de Salvaterra de Miño.
Setembro 2005
Nomeamento de Manuel Fernández Iglesias como Director Xeral de Comunicación Audiovisual (PSdeG).
Outubro 2005
Manolo González incorpórase o 1 de outubro como asesor-responsable da política audiovisual da Consellería de Cultura e Deporte, xestionada por Ánxela Bugallo (BNG).
Decembro 2005
15-17 de decembro: Preséntase en Santiago de Compostela, no marco do III Foro Academia Aberta da Academia Galega do Audiovisual, as liñas básicas da futura política de produción da Consellería de Cultura e Deporte. Como innovacións máis importantes anúncianse as axudas a curtametraxes realizadas por persoas físicas (sen produtora), menores de 21 anos, memoria histórica Read More
Xaneiro 2006
Configúrase o equipo administrativo dedicado a levar a política de produción da Xunta de Galicia. A súa primeira sede estaría dentro das dependencias do IGAEM.
Marzo 2006
24 de marzo: Convocatoria das primeiras axudas a creadores individuais, segundo novos criterios non industriais e con categorías diferenciadas: mulleres, menores de 21 anos, memoria histórica, experimental, animación, etc. Á convocatoria presentaranse 175 proxectos, dos que se seleccionarán 67.
Agosto 2006
Resólvese a convocatoria de axudas 2006, onde se atopa a convocatoria para a realización de curtametraxes dirixidas a persoas físicas, con especial énfase nas axudas dirixidas a mulleres, a menores de 21 anos e á memoria histórica.
Outubro 2006
Nace Onda curta, programa da TVG, dirixido por Alfonso Pato, dedicado ao mundo da curtametraxe en Galiza.
Novembro 2006
23 de novembro: Bs. As. (Alberte Pagán) presente na sección Llendes do Festival Internacional de Cine de Xixón (FICXixón) e estrea de Grrr! Nº7… Y Las Chimeneas Decidieron Escapar (Oliver Laxe e Enrique Aguilar).
Novembro 2006
28 de novembro: Inauguración da Axencia Audiovisual Galega na Rúa Angustias, 2, baixo de Santiago de Compostela. Tamén comeza a actividade da súa web, principal altofalante da produción cinematográfica galega.
Xaneiro 2007
Presentación do ciclo A última xeración do cinema galego no cinema Kino de Berlín (Alemaña), auspiciado polo Instituto Cervantes e composto por curtametraxes como Cousas de Koulechov (Susana Rey) ou O conxuro e Longo sendeiro de pedra (Pablo Millán), entre outras.
Febreiro 2007
O conxuro participa no Boston Underground Film Festival (EE.UU.) e no Bradford Film Festival (Reino Unido). Bs. As. (Alberte Pagán) está presente no Festival Punto de Vista de Pamplona.
Marzo 2007
A casa de Lola de Andrés (Olaia Sendón) no Festival de Málaga. Cine Español. Bs. As. gaña o Premio Foco Galicia do Festival Play-Doc de Tui. Fronteiras (Rubén Pardiñas) estrea no Play-Doc. Bs. As. participa na Mostra D-Generación do LPA Film Festival, comisariada por Josetxo Cerdán e Antonio Weinrichter.
Marzo 2007
Alberte Pagán publica A mirada impasíbel. As películas de Andy Warhol. Primeira Parte en Edicións Positivas.
Marzo 2007
Presentación de teutubo.tv no marco do Play-Doc, canle creada pola Axencia Audiovisual Galega e que será o xermolo de flocos.tv.
Abril 2007
Alberte Pagán gaña con Bs. As. o Premio de cine-ensaio Román Gubern da Universitat Autònoma de Barcelona. Cousas do Kulechov recibe o Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental. Grrr! Nº7… Y Las Chimeneas Decidieron Escapar participa no Festival de Jóvenes Realizadores de Granada onde obtén o Premio José Val Del Omar á Mellor Curtametraxe Read More
Abril 2007
Retrospectiva da curtametraxe galega no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa – MACUF (A Coruña).
Maio 2007
O 10 de maio publícase no DOG a convocatoria pública de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega realizadas por produtoras audiovisuais e creadores/as individuais, así como contidos interactivos e proxectos de creación net-art realizados por creadores/as individuais. Comezan as xestións para que Galiza forme parte dos fundos cinematográficos para Read More
Maio 2007
Preséntase na Cinemateca de Lisboa o ciclo Novos Autores Galegos, arroupado por João Bénard da Costa, director da Cinemateca Portuguesa, con obras de Susana Rei, Pablo Millán ou Etcheberry.
Xullo 2007
Publicación no DOG da Resolución da convocatoria de axudas 2007, onde se aproba conceder subvencións a obras como Paris #1 (Oliver Laxe), O cazador (Ángel Santos), Bata por fóra (Claudia Brenlla), Tralas luces (Sandra Sánchez), Arraianos (axuda concedida a José Manuel Sande) ou ¡Maldito Bastardo! (Javi Camino).
Agosto 2007
Cousas do Kulechov gaña o Premio do Público no Festival Creativo de Curtas On Off de Ribadeo (Lugo).
Setembro 2007
Celebración do Curtas Minhotas, prólogo do Filminho – Festa do Cinema Galego e Portugués (Tomiño – Vilanova de Cerveira).
Setembro 2007
Cousas do Kulechov recibe a Mención de Honra na XXXIV Jornada Internacional de Cinema de Bahía (Brasil) e o Premio Galicia á mellor curtametraxe en lingua galega no XXXV Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.
Outubro 2007
Cousas do Kulechov recibe o Premio á mellor curtametraxe galega no Curtocircuíto – Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela.
Outubro 2007
Preséntase o programa Cinemas Dixitais impulsado pola Axencia Audiovisual Galega, que trata de achegar o cinema a aquelas localidades que non contan con sala cinematográfica.
Novembro 2007
Comeza a súa andadura Cinemas dixitais, como circuíto alternativo de exhibición das producións audiovisuais galegas. Estréase Liste, pronunciado Líster (Margarita Ledo) no Festival Cineuropa de Santiago de Compostela.
Decembro 2007
Cousas do Kulechov e Pó de estrelas (Alberte Pagán) son nomeadas entre as mellores curtas españolas segundo a revista Cahiers du Cinéma España. Preséntase REDestreas, promovida pola Axencia Audiovisual Galega, circuíto de exhibición de curtametraxes, documentais e obras non comerciais galegas.
Xaneiro 2008
Estrea de 1977 (Peque Varela) no Sundance Film Festival (EE.UU.) A exposición Ficcións analóxicas. O vídeo na Galicia dos oitenta preséntase no CGAC.
Xaneiro 2008
Cousas do Kulechov e Pó de estrelas son citadas no artigo «Cuando el cine pequeño se hace grande. Diagnóstico del cortometraje español 2007», publicado por Cahiers du Cinéma España.
Febreiro 2008
Celébrase o I Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV). A Secretaría Xeral de Comunicación presenta cinegalego.es e audiovisualdegalicia.es, dous portais web que pretendían divulgar as propostas innovadoras producidas no noso país.
Abril 2008
A web da Axencia Audiovisual Galega gaña o premio á mellor obra interactiva nos Premios Mestre Mateo.
Abril 2008
Lois Patiño obtén a bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. Grrr! nº 7… Y las chimeneas decidieron escapar, Grrr! nº 8… Suena la trompeta, ahora veo otra cara (Óliver Laxe) e Os waslala (A. Pagán) presentes na Biennale de cinéma espagnol de Annecy.
Maio 2008
Estrea de ¡Maldito Bastardo! (Javi Camino), no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Maio 2008
Margarita Ledo Andión gaña o Premio Nacional da Cultura na categoría de cine e audiovisual.
Xuño 2008
Publícase no DOG a convocatoria para a subvención á produción de curtametraxes, videoclips, contidos interactivos e proxectos de creación net-art.
Agosto 2008
Publícase no DOG a Resolución das axudas á produción de curtametraxes do ano 2008, onde se subvencionan Contrafilmes (Susana Rey), Mulleres da raia (Diana Gonçalves), A viaxe (José González), Na distancia (Víctor Hugo Seoane), Contra a morte (Alexandre Cancelo e Iago Martínez), Dous fragmentos Eva (Ángel Santos), entre outras. Publícase no DOG a Convocatoria de Read More
Outubro 2008
1977 (Peque Varela) gaña o Premio á Mellor Videocreación da Mostra Internacional de Viedeocreacón de O Condado (MIVICO). Cousas do Kulechov gaña o Premio á Mellor Obra Experimental no Riviera Maya Underground Film Festival (México).
Outubro 2008
I Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña, programada por Martin Pawley. Preséntase na Habana o programa Ópticas Cruzadas, onde catro realizadores galegos fan un achegamento do seu traballo a Cuba, onde destaca A soluçom é o socialismo (Alberte Pagán) ou Cienfuegos 1913 (Margarita Ledo).
Novembro 2008
Preséntase «O pequeno é fermoso» un programa de Cinemas Dixitais, onde figuran máis de 140 curtametraxes producidas en Galiza nos últimos 20 anos, e que percorrerá mais de 100 concellos galegos durante 2008 e 2009. Créase a sección Panorama Galicia en Cineuropa. Panorama Galicia 2007-2008 no OUFF.
Novembro 2008
1977 gaña o Premio á Mellor Curtametraxe no OUFF. 1977 gaña o Premio ao Mellor Audiovisual no XXXVI Certame do Liceo de Vilagacía. Os señores do vento (Xurxo Chirro) gaña o Premio Galicia do mesmo certame. Cousas do Kulechov gaña o Premio ATO no Curt.Doc. (Vidreres, Girona)
Decembro 2008
Publícase no DOG a Lei 4/2008 da creación da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), onde se tería que inserir a Axencia Audiovisual Galega.
Xaneiro 2009
Entre o 13 e o 17 de xaneiro realízase o Ciclo Xeiras polo real. Documentais de creación Galegos 2008 no CGAC.
Xaneiro 2009
O filme Ander (Roberto Castón) é premiado na Internationale Filmfestspiele Berlin (Berlinale).
Xaneiro 2009
O cazador e Paris #1 son citadas no artigo «Diagnóstico del cortometraje español», publicado por Cahiers du Cinéma España asinado polos críticos de cinema Carlos Reviriego, Gonzalo de Pedro e Jara Yáñez.
Febreiro 2009
17 febreiro: publícase no DOG a Convocatoria de subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, así como o desenvolvemento e a produción de longametraxes tanto en soporte cinematográfico como dixital, e a escrita de guión.
Febreiro 2009
Fantasporto organiza un Foco ao Novo Audiovisual Galego. O festival entrégalle o Premio de Honra «ao Novo Audiovisual Galego», que recollerá a Axencia Audiovisual Galega en representación dos profesionais galegos.
Marzo 2009
Paris #1 e Manuel e Elisa (Manuel Fernández Valdés) gañan o premio Galicia en Play-Doc. Pó de estrelas é finalista no III Premio de Cine-Ensaio Román Gubern.
Marzo 2009
Illa (Margarita Ledo Andión) estréase no Congreso 70 anos despois. Congreso para o estudo da cultura do exilio republicano, celebrado na Coruña.
Abril 2009
Créase o blog Acto de Primavera como lugar de encontro en liña do colectivo crítico homónimo, formado por Martin Pawley, José Manuel Sande e Xurxo González.
Xullo 2009
Ten lugar o II Filminho, última edición na que é competitiva. O palmarés recae en Aquele querido mês de Agosto (Miguel Gomes) e Mulleres da raia (Diana Gonçalves). Desaparece Onda Curta da grella de programación da TVG.
Agosto 2009
AGADIC resolve as axudas ao audiovisual galego, destacando na convocatoria de talento a concesión de axuda para Dao byed (Oliver Laxe) que terá como título final Todos vós sodes capitáns, Canedo (Vicente Vázquez), Territorios (Lara Bacelo) ou Gato encerrado (Peque Varela); e na convocatoria á produción de contidos audiovisuais, Fraga e Fidel, sen embargo, de Read More
Outubro 2009
Desaparece a Axencia Audiovisual Galega e o seu personal e arquivo trasladase á sede do Consorcio do Audiovisual de Galicia.
Novembro 2009
Ten lugar o I Panorama do Audiovisual Galego, comisariado por Martin Pawley en Cineuropa.
Decembro 2009
Eclipse Metanoico (Alberte Pagán), peza para ser acompañada de música en directo, estréase na Mostra de Curtas Vila de Noia.
Xaneiro 2010
Martin Pawley escribe o artigo «2010, o ano do Novo Cinema Galego» no Xornal de Galicia, onde se fala por primeira vez de Novo Cinema Galego.
Marzo 2010
Inaugúrase a exposición individual Rostros de Arena de Lois Patiño na Fundación Caixa Galicia de Vigo e A Coruña.
Abril 2010
Organízase un Ciclo de Cinema Galego no Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) (Paris #1, O Cazador, 1977, Tanyaradzwa, Manuel e Elisa).
Abril 2010
Publicación no DOG da Orde das axudas para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego
Maio 2010
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe) participa no Festival de Cannes (Francia), conseguindo o Premio FIPRESCI. Recordando los rostros de la muerte (Lois Patiño) gaña o Premio Filmotech en DocumentaMadrid.
Maio 2010
Paisaje-duración Trigal (Lois Patiño) participa no Concurso En Pezas de Caja Madrid. Paisaje-Distancia (Lois Patiño) proxéctase no Curtocircuíto de Santiago de Compostela
Xuño 2010
Oliver Laxe (Grrr! Nº7… Y Las Chimeneas Decidieron Escapar), Ángel Santos (Fantasmas #1), Xurxo Chirro (Derrotas – Vikingland – videoinstalación), Alberte Pagán (Retrincos, Os Wasalala e A Sociedade do Espectáculo) e Margarita Ledo (Illa) participan na Sección Outros Formatos de Cinema en Galicia Hoxe no (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña. Canedo (WeareQQ) é Read More
Xuño 2010
Presentación do libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural e proxección de O proceso de Artaud (Ramiro Ledo) no Cineclube Compostela.
Xuño 2010
Publícase a relación e beneficiarios das axudas do ICAA, entre os que se inclúen proxectos como Arraianos, Tralas Luces e Dos fragmentos/Eva.
Agosto 2010
Resolución das axudas á produción audiovisual. Destacan, en talento, as subvencións outorgadas a As mimosas (Oliver Laxe), La brecha (Marcos Nine), A Pedra do Lobo (Alberte Pagán) ou Adolescentes (Ángel Santos).
Setembro 2010
Celébrase a III Edición do Filminho, cun cambio na dirección do mesmo. Canedo (WeareQQ) participa na Exposición Antes que todo no Centro de Arte 2 de Mayo (Madrid).
Outubro 2010
Publicación do manifesto e recollida de sinaturas pola «Defensa das axudas de talento».
Outubro 2010
III Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña, coordinada por Martin Pawley. Organízase o Ciclo Novo Cinema Galego pola Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de Vigo na Casa das Campás (Pontevedra), dirixido por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande. Estréase Dos Fragmentos/Eva (Ángel Santos) no Festival Visual Cine Novísimo de Majadahonda (Madrid).
Novembro 2010
Cineuropa adica a Sección Emerxentes a cineastas galegos. Comisariado por Martin Pawley. Asahra hurratun! (Alberte Pagán) estréase en Cineuropa. Manuscritos Pompeianos (Marcos Nine) participa no Festival Corto de Ciudad Real.
Novembro 2010
Oliver Laxe recibe o Premio Cineuropa. Todos vós sodes capitáns gaña o Premio do Xurado Novo no 48º FICXixon, mención especial no Minsk International Film Festival (Bielorrusia) e premio Signis no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina).
Febreiro 2011
Comeza a súa andaina A Cuarta Parede, revista dixital de crítica cinematográfica dirixida por Eloy Domínguez Serén e Víctor Paz. Celébrase o III LAV
Febreiro 2011
Gato encerrado de Peque Varela gaña o Premio á Mellor Obra en Galego no Festival de Cine MUFEST, Festival de Cine Feito por Mulleres (Santiago de Compostela). Todos vós sodes capitáns gaña o Premio Novo Talento no DocsBarcelona.
Abril 2011
Todos vós sodes capitáns gaña o Premio Mellor Filme Iberoamericano, no Jeonju Internacional Film Festival (Corea do Sur), e no Festival Europeo de Cine Invisible (España) recibe o Premio ao Mellor Filme. Lois Patiño gaña o Premio Fundación José García Jiménez por Paisaje-Distancia. Manuscritos Pompeianos gaña o Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental.
Abril 2011
Publícase no DOG a Orde de axudas á produción audiovisual, cun forte recorte en todas as convocatorias (50% no caso de talento e 2 millóns de euros no de produción).
Abril 2011
O CGAC organiza o Ciclo Novo Cinema Galego, coordinado por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande.
Maio 2011
Gato encerrado recibe o Premio RTP- Onda curta en Curtocircuíto, onde se recoñece tamén a Birdboy (Alberto Vázquez) como mellor curtametraxe de animación internacional e Estereoscopía (Xacio Baño) como mellor obra galega.
Xuño 2011
Lara Bacelo (Carta dun domingo pola tarde, Varona. The Another Addiction, OnnoteronnreteO, Que belo é vivir con Jimmy Stewart), María Ruido ( Zona Franca, Lo que no puede ser visto debe ser mostrado e a videoinstalación A memoria interior) Peque Varela (1977 e Gato Encerrado), Xisela Franco (Sculpture, Cris en Super8, e Dos mujeres en Read More
Xuño 2011
Todos vós sodes capitáns participa no Festival de Cine Lima Independiente (Perú), recbindo o Premio Mellor Filme.
Xullo 2011
Estréase Vikingland (Xurxo Chirro) na competición internacional do FIDMarseille (Festival International de Cinéma de Marseille).
Agosto 2011
Publicación no DOG das resolucións das axudas á produción audiovisual da AGADIC, onde destaca en produción As mimosas (Oliver Laxe), e nas axudas de talento Ecos da paisaxe: Costa da Morte (Lois Patiño), Fantasmas #2 (Ángel Santos), Gaspar Hauser (Alberto Gracia) ou Fóra (Pablo Cayuela)
Setembro 2011
O antigo equipo administrativo da Axencia Audiovisual Galega recala nas dependencias da AGADIC.
Outubro 2011
Ten lugar a IV Mostra de Cine e Ciencia da Coruña. Esliva (Lois Patiño) proxéctase na IX Mostra de Cine de Monforte de Lemos, organizada polo Cineclube Calexa. La mujer del eternatuta (Adán Aliaga) compite en Sitges Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya.
Outubro 2011
Todos vós sodes capitáns gaña no Amal EuroArab Film Festival (Santiago de Compostela). Marcos Nine obtén o premio a mellor director de documental no OUFF por Radiografía dun autor de tebeos.
Novembro 2011
A Pedra do Lobo (Alberte Pagán) estréase en Cineuropa. Na vibración resulta finalista do VII Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
Decembro 2011
Na vibración (Lois Patiño), Adolescentes (Ángel Santos) e Ser de luz (Diana Toucedo) pasan a integrar o catálogo Hamaca.
Febreiro 2012
Celébrase o IV LAV. Imaxes segredas (Diana Toucedo) participa no Festival Internacional Punto de Vista (Pamplona).
Marzo 2012
Anacos (Xacio Baño) recibe a Mención Especial do Xurado no LPA Film Fest. Vikingland gaña o Premio ao Mellor Documental, na 8ª Edición de Play-Doc (Tui). Dos fragmentos/Eva Obtén a Mención Especial do Xurado Novo na Bienal de cine español de Annecy.
Marzo 2012
Comeza a andadura de canle.tv, iniciativa da AGADIC que trata de substituír a flocos.tv. Estréase N-VI (Pela del Álamo) no Festival de Málaga.
Abril 2012
La Brecha de Marcos Nine estréase no BAFICI, Arxentina. Na vibración participa no BANG de Barcelona.
Abril 2012
Anacos (Xacio Baño) obtén a Biznaga de Plata Premio Especial del Jurado no Festival de Málaga.
Abril 2012
Publícase no DOG a convocatoria das axudas á produción audiovisual galega. Elímínase a escrita de guión, desenvolvemento, talento, videoclips e contidos interactivos.
Xuño 2012
Publícase o manifesto Segunda defensa das axudas de talento promovido por Sonia Méndez, Xacio Baño e Ángel Santos. Desaparece o Consorcio do Audiovisual de Galicia, incorporándose as súas funcións na AGADIC.
Xuño 2012
Película urgente por Palestina (Alberte Pagán) e Marcos Nine con La Brecha participan no (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña.
Agosto 2012
Arraianos (Eloy Enciso) estréase no Festival del Film de Locarno, sección Cineasti del Presente. Eclipse (Alberte Pagán, 2010) é seleccionada para o Norpas Festival (Finlandia).
Setembro 2012
N-VI proxéctase no Festival Alcances (Cádiz), Sección Oficial, gañando o Premio do Público e Mención Especial.
Setembro 2012
Los increíbles (David Valero), producida por Frida Films, proxéctase no Festival de Cine de San Sebastián.
Outubro 2102
Anacos recibe o Premio The Flaming Faun – Best international short film up to 10 min no Shnit Film Festival (Suiza).
Outubro 2012
A raia (Iván Castiñeiras) proxéctase no DocLisboa. A quem se lhe conte… (Alberte Pagán) estréase na Exposición A Balea Negra (MARCO, Vigo). El cuerpo vacío (Lois Patiño) proxéctase no Open Studio de Madrid. Piedad (Otto Roca) participa no MiradasDoc (Tenerife).
Novembro 2012
Fóra (Xan Gómez Viñas e Pablo Cayuela) estréase a competición no CPH:DOX de Copenhague, sección New Visions. Montaña en sombra (Lois Patiño) estréase na competición CinemaXXI do Festival de Roma. Vikingland e Electroclass (María Ruído) presentes no Ciclo Nuevas Formas del Documental en España. Urgencias de la Contemporaneidad, do Museo Reina Sofía de Madrid. A Read More
Novembro 2012
Arraianos proxéctase no Festival de Cine Europeo de Sevilla onde obtén o premio Las nuevas Olas. N-VI participa no EXTREMA’doc (Extremadura), onde recibe o Premio á Mellor Longametraxe.
Decembro 2012
Arraianos recibe o I Premio Acto de Primavera. N-VI proxéctase na Muestra de Cine Europeo de Lanzarote, e recibe o Premio Cineasta de Futuro.
Decembro 2012
Vikingland é nomeada nas seleccións do mellor do ano pola revista Cahiers du Cinéma. Estrea en liña de A realidade (Alberte Pagán). Mostra de Oliver Laxe en Márgenes.
Xaneiro 2013
Arraianos preséntase no Museum of the Moving Image MOMI (Nova Iorque) dentro do Ciclo Spain Culture.
Xaneiro 2013
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia) recibe o Premio FIPRESCI do Festival de Rotterdam.
Febreiro 2013
Celébrase o V LAV. Arraianos obtén unha mención do xurado no FICUNAM. Lois Patiño é seleccionado para os X-Films do Punto de Vista (Pamplona), onde se proxecta Montaña en sombra. Oliver Laxe imparte o obradoiro «Tengo arroz, tengo libros, hasta tengo tabaco» en La casa Encendida (Madrid).
Marzo 2013
Vikingland gaña a II edición de Márgenes, exaequo con Sé villana /La Sevilla del diablo de María Cañas, e mención do xurado para N-VI, onde tamén participan Piedad (Otto Roca) e Electroclass (María Ruido).
Marzo 2013
Vikingland preséntase no Flaherty Film Seminar (Nova Iorque). No Play-Doc de Tui organízase unha mesa de debate sobre a situación do cinema galego. En el movimiento del paisaje, Montaña en sombra e Piedad participan no Lupa Muestra de Documentales (Donostia).
Abril 2013
VidaExtra (Ramiro Ledo), estréase no BAFICI, onde se celebra un Foco Lois Patiño, e Arraianos obtén o Gran Premio Vanguardia y Género no mesmo festival. A cicatriz branca participa en Sorbonne Nouvelle. Ciclo Documentaire et nation. Galice, Catalogne, Pays Basque.
Maio 2013
Presentación do traballo de Ramiro Ledo no encontro Reciclar la rabia en Mapa_Arteleku (Guipúscoa).
Maio 2013
Arraianos gaña o Premio Nuevo Talento en D’A Festival Internacional de cinema de autor (Barcelona), onde tamén participa Vikingland. Montaña en sombra gaña o Premio Jury of the Minister no 58º Festival de Oberhausen (Alemaña).
Xuño 2013
No (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña organízase unha mesa de debate sobre a situación do cinema galego. Fomos ficando sós (Miguel Mariño) e Lois Patiño están presentes na sección Sinais no (S8) e as videinstalacións de Lois Patiño O corpo baleiro e A morte a traballar. Foco de Lois Patiño no Festival Lima Read More
Xuño 2013
Vikingland gaña o Premio da crítica internacional no Festival Internacional de Lima Independiente. Montaña en Sombra participa no FIDOCS (Chile), onde recibe unha Mención de Honra.
Xullo 2013
Publícanse no DOG as axudas á produción audiovisual, onde se retoman as axudas ao talento cunha partida de 66.000 euros.
Xullo 2013
Arraianos gaña o premio Transcinema no Transcinema Festival Internacional de Cine de No Ficción (Perú), onde tamén participa VidaExtra. Montaña en Sombra está presente no Foradcamp de Figueró, onde obtén a Mención Especial do Xurado e o Premio Marvin e Wayne. En el paisaje recibe o Premio da XII Mostra Gas Natural Fenosa no MACUF Read More
Agosto 2013
Estréase Costa da Morte (Lois Patiño) no Festival Internacional de Locarno, onde obtén o Premio ao Mellor Director Emerxente.
Agosto 2013
Proxéctase Lupita (Xurxo Chirro) nas Jornadas de cine de Apropiación de México, dentro do Festival Short Shorts de México DF. A cicatriz branca estréase en salas comerciais.
Setembro 2013
Publícase «Figuras en el paisaje», artigo de Jaime Pena sobre o Novo Cinema Galego en Caimán, Cuadernos de cine.
Setembro 2013
Estréase comercialmente Arraianos, simultáneamente en salas e en DVD. Vikingland estréase no cine Tonalá de México DF. Arraianos e Fóra preséntanse no Museo Reina Sofía dentro do Ciclo Historias sin final- Narraciones del otro cine (2010-2013). Lois Patiño expón La muerte trabajando, El cuerpo vacío no FIDBA Festival Internacional de Cine Documental de Buenos Aires.
Setembro 2013
Montaña en sombra gaña o I Premio Nuevos Lenguajes no Antofadocs – Festival Internacional de Documentales de Antofagasta (Chile).
Outubro 2013
Publícase «Lonxe de Madrid», artigo de Nicolás Alzabert en Cahiers du Cinema (Francia).
Outubro 2013
Pettring (Eloy Domínguez Serén) estréase no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Foco de Lois Patiño no New York Film Festival. Views of the Avant Garde. Costa da morte, Vikingland e N-VI están presentes no Festival Internacional de Cine de Cali. Fantasmas #1, 1977, Lupita, Faustino 1936, O proceso de Artaud, Manuscritos Pompeianos, Grrr! Nº7: Read More
Outubro 2013
Costa da Morte obtén o premio Nuevas Olas No-ficción no Festival de Cine Europeo de Sevilla e participa no Festival de cine de Valdivia (Chile), onde obtén unha mención especial do xurado.
Outubro 2013
Resólvense as axudas de talento a curtametraxes e guións que convoca a AGADIC, onde obteñen subvención os proxectos de Une histoire Seule (Xurxo Chirro), Ser e voltar (Xacio Baño), Jet Lag (Eloy Domínguez Serén), Eco (Alberto Gracia) e Tiempo vertical (Lois Patiño).
Novembro 2013
Une histoire seule (Xurxo Chirro e Aguinaldo Fructuoso) estréase no Festival Internacional de Mar del Plata. La imagen arde (Lois Patiño) estréase fóra de competición no CinemaXXI do Festival de Roma. En Cineuropa celébrase o Encontro entre Cineastas Galegos, mesa debate no Auditorio de Galicia. A realidade (Alberte Pagán) proxéctase en Cineuropa. Cineuropa organiza o Read More
Novembro 2013
N-VI recibe o Premio do MiradasDoc (VIII Festival Internacional y Mercado de Cine documental Guía de Isora). Costa da morte obtén o Premio do Público e a Mención Especial do Xurado no Festival dei Popoli (Italia).
Decembro 2013
X Edición de Curtocircuíto, onde Pela del Álamo recolle o relevo de Tim Redford na dirección. Comeza o Proxecto Nimbos, proxecto colectivo de pequenas pezas audiovisuais sobre o poemario homónimo de Díaz Castro, comisariado por Martin Pawley. Incorpórase Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas) e Adolescentes (Ángel Santos) ao catálogo Hamaca. Celébrase o Ciclo Read More
Decembro 2013
Alberte Pagán publica A mirada inqueda. As películas de Andy Warhol. Segunda Parte (Edicións Positivas).
Decembro 2013
VidaExtra está presente no III Márgenes onde obtén unha Mención Honorífica. Costa da Morte participa no REC Tarragona, onde obtén unha Mención Especial do Xurado Novo.
Xaneiro 2014
O II Premio Acto de Primavera fica deserto por falta de quórum entre os críticos. Montaña en sombra obtén o Premio Especial do Xurado na Labo Competition no Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand (Francia).
Xaneiro 2014
Alberte Pagán publica Andy Warhol, monografía sobre o cine do artista referente da arte pop, na editorial Cátedra.
Xaneiro 2014
N-VI e VidaExtra proxéctanse en Alhóndiga (Bilbao) no Ciclo Mirar a cámara. Programa Lois Patiño na programación de Xcèntric Cinema no CCCB de Barcelona.
Febreiro 2014
Teñen lugar as V Xornadas de Formación de Vedra. Comeza o LAP (Laboratorio de Apuntes Fílmicos) no Play-doc, onde catro cineastas galegos (Ángel Santos, Eloy Enciso, Otto Roca e Marcos Nine) son convidados a reformular as súas propostas.
Marzo 2014
Vikingland está presente en Fisuras Fílmicas do CENDEAC (Murcia). La imagen arde forma parte da Exposición Night has many eyes organizada no Centro Georges Pompidou de París, no marco do Festival Cinéma du Réel (Francia). Costa da Morte gaña o Play-Doc de Tui, onde tamén se presentan O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, A Raia Read More
Abril 2014
Celébrase o Ciclo Un Impulso Colectivo, comisariado por Calos Losilla para Cinema D’autor (Barcelona), onde participan VidaExtra e Une Histoire Seule. Inauguración de Ecos de la Imagen, exposición individual de Lois Patiño na New Gallery, Madrid. Arraianos preséntase no MOMA Museum of Modern Art (Nova Iorque) e no Harvard Film Archive.
Abril 2014
Costa da morte gaña o Premio á Mellor Película Iberoamericana no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai. Eloy Enciso é recoñecido polo Harvard Film Study Center. Manolo González é recoñecido co Premio de Honra Fernando Rey pola Academia Galega do Audiovisual.
Maio 2014
La muerte trabajando participa na exposición Aprender a caer, comisariada por Ángel Calvo Ulloa en La Casa Encendida de Madrid. Iberodocs, el Festival Iberoamericano de Cine Documental de Glasgow programa a sección Focus on Galicia, coa proxección de Arraianos (2012) de Eloy Enciso, Vikingland (2011) de Xurxo Chirro y N-VI (2012) de Pela del Álamo, Read More
Maio 2014
Estréase Ser e voltar de Xacio Baño no Festival de Cans (Pontevedra), onde obtén o Premio á Mellor Curtametraxe.
Xuño 2014
Foco Eloy Domínguez no (S8) Mostra de cinema periférico (A Coruña), ademais de contar coa presentación de O proceso de Artaud, La imagen arde e Une histoire seule. Celebración das II Xornadas do Novo Cinema Galego en Bilbaoarte, coa participación de Costa da Morte, Une Histoire Seule, O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, Arraianos e Read More
Xullo 2014
Vikingland, Une histoire seule e Costa da morte preséntase na Filmoteca de Madrid. Inaugúrase Estratos del instante exposición individual de Lois Patiño na Galería Vilaseco Hauser de A Coruña.
Agosto 2014
Foco Cine Gallego no Festival de Cine Radikal de La Paz (Bolivia). Ser e voltar (Xacio Baño), curtametraxe a competición no Festival de Locarno. Santa Catalina (Xurxo Chirro) estréase en Cornwall (Reino Unido).
Agosto 2014
1ª Asemblea e Constitución do Observatorio Audiovisual Galego, foro de debate e análise formado por membros do sector coa intención de ser interlocutores coa administración na reconfiguración da política audiovisual galega.
Setembro 2014
I Chanfaina Lab organizado por Manolo González no Concello de San Sadurniño. Estrea comercial de Costa da morte.
Outubro 2014
A viaxe de Leslie (Marcos Nine) estréase na Seminci de Valladolid. Las altas presiones (Ángel Santos) estréase no Festival Internacional de Busan (Corea do Sur). Norte, Adiante (Eloy Domínguez Serén) e VidaExtra forman parte do ciclo Memoria del descrédito do Museo Reina Sofia (Madrid). Superfícies: Sonho bolivariano (balor) (Alberte Pagán) estréase no Curtocircuito.
Outubro 2014
Costa da Morte Premio da Crítica de Galicia. Proxecto Socheo recibe o Premio de Alfabetización nas aulas do Ministerio de Cultura. Celebración da XI Edición de Curtocircuíto, onde Ser e voltar gaña o premio Galiza e o premio AGAG.
Novembro 2014
Jet Lag (Eloy Domínguez Serén) estréase no Sevilla Film Festival. No novo ceio (Eloy Domínguez Serén), curtametraxe do Proxecto Nimbos, estréase no Stockholms Internationella Filmfestival (Suecia). Celebración da Exposición Cinegalicia 25 (Cidade da Cultura) cun ciclo de cinema no CGAI onde se escolle a Bs. As., Todos vós sodes capitáns, Arraianos e Costa da Morte Read More
Novembro 2014
Las altas presiones gaña o Premio Nuevas Olas do Sevilla Film Festival. Ser e voltar proxéctase no Festival L´Alternativa de Barcelona obtén a Mención especial do xurado.
Novembro 2014
Vikingland é o filme máis nomeado na enquisa sobre 25 anos de cine en Galiza feita pola Revista Luzes.
Decembro 2014
Porto/Post/Doc fai un foco ao Novo Cinema Galego na Carta Branca de Lois Patiño, onde se pasan Costa da Morte, Todos vós sodes capitáns, Arraianos e Vikingland. Inaugúrase A double inmobility exposición individual de Lois Patiño en Solar, galería de arte cinemática de Vila do Conde.
Xaneiro 2015
Estrea das pezas producidas no ChanfainaLab en San Sadurniño: Cartas de Conquista (Xurxo Chirro), Ao patadón (Xurxo Chirro), Teleclube (Xurxo Chirro), Proba de axilidade (Jaione Camborda), Camiños de Bardaos (Ángel Santos), Cruz Piñón (Xisela Franco), SANSa SOLEIL (Otto Roca), Bar peluquería Santos (Sonia Méndez), Quen gravou en San Sadurniño (Guillermo Arias Carbajal), Superfícies Forgoselo (Granito) Read More
Febreiro 2015
Ser e voltar premio LAB Comptetition e Mención especial do premio Canal+ en Clermont-Ferrand.
Xuño 2015
Estrea de Volonté (traballo colectivo) e de Bionte (Lucía Vilela) na sección Sinais do (S8), onde participan os seguintes traballos: El juicio adelantado, Cine ASCII_art. (DSK), Camiños de Bardaos, Sin Dios ni Santa María (Helena Girón e Samuel M. Delgado), Trance (Clara Sobrino), SANSa SOLEIL, Superfícies – peter (tubo), Proba do axilidade, Lúa e Tríptico Read More
Outubro 2015
Palmarés do Curtocircuíto: Sin Dios ni Santa María gaña o Premio do Público e o premio Galicia, Proba de axilidade obtén unha mención do xurado, Cruz Piñón obtén o premio AGAG a mellor guión, Noite sem distância premio CAMIRA e O descubrimento de Américo o premio CREA.
Novembro 2015
Ingen ko påisen recibe o premio a mellor guión en L’Alternativa e Eco o premio do público. Eco recibe o Gran Premio del Cine Español en Zinebi (Bilbao) eo terceiro premio “Ciudad de Alcalá” en ALCINE. Ser e voltar obtén o premio a mellor curtametraxe no MOST Festival de Vilafranca del Penedès.