Castro, David

(Xixón, 1970) Estudou en Belas Artes na Universidade de Salamanca e viviu na Coruña e en Xixón. Tras algunha incursión breve no eido do Deseño e da Arquitectura, fica atrapado nas dinámicas audiovisuais. Desde 2008 imparte cursos de formación audiovisual co seu Taller obxector. E desde aquela ten unha febril actividade creativa na que se decanta por proxectos a medio camiño entre o experimental e o documental. En 2010 realiza Theremin Azulexo e Mougás, curtametraxes documentais con mirada transgresora sobre a realidade. No 2013 realiza unha serie de pezas breves, proxectos íntimos nos que alterna formatos e temas que volven ciclicamente como estrañas e crípticas teimosías, como Alterke, Dominó e Non, Ínsula, Abandona o teu posto, A escavación e Non chisca un ollo.

Referencias:

David Castro: Olhadas de esguelho / O irreal à volta da esquina (Alberte Pagán, Follas do Cineclube, 9-10-13) Repaso á filmografía de David Castro co gallo da súa proxección no Cineclube Compostela.