Free songs
 
 

Come Go

Susana Rey

Recensión

Come go vai adicada a toda a xente que tivo que marchar lonxe, á que chegou para facer "pobo", e á que quedou e resistiu. Tomando como referencia o pobo de San Sadurniño, e sen idealizar a vida no campo, queremos por o foco no rural como alternativa posible ás, cada vez máis, sobresaturadas cidades.

Así pois, no filme Come go asistimos a unha reivindicación do rural como alternativa á vida da masificada vida urbana, na que home é "invisible", un número máis, unha simple estatística; pola contra o retorno ao mundo rural, enxerga aos seres humanos na paisaxe e na natureza e os converte en únicos. A pesares dos contras e das dificultades, a vida no rural é máis plena. Susana Rey fai progresar emocionalmente a narración dende unha perspectiva puramente documental ata a sorpresa final nos créditos, nos que asistimos á unha reivindicación gozosa e retranqueira da vida e o mundo rural polas voces das mulleres de Naraío. En definitiva, unha invitación ao optimismo e ao goce da vida no rural.

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.