Free songs
 
 

Plan Rosebud 1: A escea do crime

María Ruido

Recensión

Plan Rosebud 1 céntrase no recente debate social ao redor da chamada Lei de memoria histórica en España, e a actual relación entre os lugares de memoria e as políticas de memoria, e as industrias culturais, moi especialmente estudados, no noso caso, a través do turismo de guerra e o turismo conmemorativo (que forma o groso do material do catro escenarios que contén esta primeira película).

Este estudo, igual que a segunda parte de Plan Rosebud, estrutúrase en catro capítulos e tres intermedios, e non só se limita ao Estado español, e en especial a Galicia (o lugar onde eu -e o xeneral Francisco Franco- nacimos), senón que se presenta como un estudo comparativo con Reino Unido e, en xeral, coas políticas de memoria europeas trala II Guerra Mundial. O motivo para escoller o Estado británico como variable comparativa máis significativa tiña que ver co feito de ser unha democracia europea ben establecida cun pasado completamente diferente ao que nós herdamos da ditadura franquista, e, con todo, como descubrimos ao longo deste proceso, con dinámicas bastante máis similares do esperado no que se refire ao entrelazamento entre as industrias culturais e a memoria (un fenómeno imparable e supraestatal debido á globalización económica) e tamén con políticas de memoria igualmente selectivas no que incumbe a episodios que poidan contradicir ou cuestionar as narrativas heroicas compactas e lineais que transmiten o Estado ou os medios de comunicación (estou a referirme, por exemplo, ao escaso eco que tiveron as investigacións sobre os campos de prisioneiros alemáns e italianos en Reino Unido até fai ben pouco).

Festivais | Proxeccións

Working Documents (Palau de La Virreina, Barcelona) | Sombra da Historia. Os contextos que veñen (CGAC, Santiago de Compostela) (2008) | La escena del crimen. Sala Antonio Palacios, Círculo de Bellas Artes (Madrid) (2008) (solo exhibition) | Work & Words (1997- 2008). Museo Arte Contemporáneo Carrillo Gil (México D.F.) (2009) (solo exhibition) | Festival de Documentales DOCUMENTAMADRID (Madrid, 1-10 de mayo 2009) | Archivos OVNI 2009: Rizomas (CCCB, Barcelona, 26-31 de mayo 2009) | 17º Mostra Internacional de Films de Dones (Barcelona, 11- 21 de junio 2009) | Historia y memoria: El caso de las transición política española desde las prácticas contextuales de la imagen (Centro Cultural de España, Montevideo) (2009) | Visto y no visto (MNCARS, Madrid, 22 junio – 13 julio 2009) | Rencontres Internationales Paris/Berlin/Madrid (2009-2010) | Plan Rosebud: Produciendo cuerpos/construyendo memorias. Puertas de Castilla (Murcia) (2009) (solo exhibition) | XIII Muestra Internacional de Cine realizado por Mujeres (Zaragoza, 11-21 marzo 2010) | Educando el saber (MUSAC, Leon) (2010) | Warlike, Atles d’un mon difícil (Ca l´Arenas, Mataró, 2010) | Ejercicios de memoria (Centre d´Art La Panera, LLeida, 2011) | Ciclo Arte y Memoria: Museu Memorial de l´Exili (La Jonquera, Girona, 2011)

Críticas | Entrevistas

Souvenirs de la historia reciente. Entrevista na Revista Minerva (Carolina del Olmo)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.