Free songs
 
 

Plan Rosebud 2: Convocando as pantasmas

María Ruido

Recensión

Na Transición española e no seu contexto cultural, así como nos últimos anos do laborismo británico dos setenta e na chegada ao poder da líder conservadora Margaret Thatcher, enfoca a súa atención o filme Plan Rosebud 2, e trata de desmontar, a través da análise dalgúns casos concretos de movementos sociais e de producións da cultura popular, a idea da Transición como un pacto de elites, o discurso oficial, teleolóxico e compacto dunha clase política que, con Adolfo Suárez e o rei Juan Carlos á fronte, «salvou» ao Estado español dunha nova guerra civil posibilitando o cambio «pacífico» a un réxime democrático (como podemos ver e escoitar, por exemplo, no relato mitolóxico-mediático por excelencia, A Transición española, a serie dirixida pola xornalista Vitoria Prego nos primeiros anos do Goberno de Felipe González).

De novo o discurso épico, construído a través dos media e de certo tipo de cinematografía, falsea, desde o noso punto de vista, o traballo real e a madurez dunha sociedade civil que, desde facía décadas, sostiña unha resistencia máis ou menos solapada contra as estratexias represivas e instrumentalizadoras da ditadura. O noso interese aquí é estudar a cultura popular en relación coas diferentes forzas sociais protagonistas do cambio político (desde o sindicalismo de base até o movemento feminista, pasando polas asociacións de veciños ou os colectivos de gais e lesbianas) e analizar porqué e como certas imaxes do cinema militante que trasparentan o esforzo colectivo destas loitas foron relevadas ou mesmo censuradas indirectamente para posibilitar a narrativa triunfante, personalista e lineal que todos aprendemos a través da televisión ou a prensa de maior difusión.

Festivais | Proxeccións

Working Documents (Palau de La Virreina, Barcelona) | Sombra da Historia. Os contextos que veñen (CGAC, Santiago de Compostela) (2008) | La escena del crimen. Sala Antonio Palacios, Círculo de Bellas Artes (Madrid) (2008) (solo exhibition) | Work & Words (1997- 2008). Museo Arte Contemporáneo Carrillo Gil (México D.F.) (2009) (solo exhibition) | New York International Independent Film & Video Festival. Best International Feature Documentary Award (19 -26 de Marzo 2009) | Festival de Documentales DOCUMENTAMADRID (Madrid, 1-10 de mayo 2009) | Archivos OVNI 2009: Rizomas (CCCB, Barcelona, 26-31 de mayo 2009) | 17º Mostra Internacional de Films de Dones (Barcelona, 11- 21 de junio 2009) | Historia y memoria: El caso de las transición política española desde las prácticas contextuales de la imagen (Centro Cultural de España, Montevideo) (2009) | Visto y no visto (MNCARS, Madrid, 22 junio – 13 julio 2009) | 14º Ourense International Film Festival (10 – 17 Octubre 2009) | Rencontres Internationales Paris/Berlin/Madrid (2009-2010) | Plan Rosebud: Produciendo cuerpos/construyendo memorias. Puertas de Castilla (Murcia) (2009) (solo exhibition) | XIII Muestra Internacional de Cine realizado por Mujeres (Zaragoza, 11-21 marzo 2010) | Educando el saber (MUSAC, Leon) (2010) | Warlike, Atles d’un mon difícil (Ca l´Arenas, Mataró, 2010) | Ejercicios de memoria (Centre d´Art La Panera, LLeida, 2011) | Ciclo Arte y Memoria: Museu Memorial de l´Exili (La Jonquera, Girona, 2011)

Críticas | Entrevistas

Souvenirs de la historia reciente. Entrevista na Revista Minerva (Carolina del Olmo)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.