Vázquez e Arrieta

 

Vicente Vázquez e Usue Arrieta, que xuntos conforman o colectivo WeareQQ, coñécense non ano 2001 na meseta Manchega. Dende aquela sérvense do contexto artístico e cinematográfico para publicar a súa actividade. Actividade de carácter múltidisciplinar baseada en exercicios de redefinición dos espazos sociais. “Intentamos establecer aproximacións ás formas do colectivo. Para iso fixamos a nosa atención en contextos produtivos onde as delimitacións modernas de traballo e lecer despregadas durante a industrialización dilúense, entrelazándose e retroalimentándose. Utilizamos a arte e as súas ferramentas para posibilitar vías de relación continuadas coa contorna e construír unha forma de vida. Co paso dos anos a noción de proxecto pechado deu paso a vías de traballo máis orgánicos, que se estenden e ramifican no tempo formando unha constelación de intereses que funcionan como un sustrato de actividade permanente que cristaliza en ocasións obxectos culturais”. (V. e A.)