Recensión
A cordilleira montañosa dos Picos de Europa consta de 14 km, nos que se salva un desnivel de 962 m, o que supón unha pendente media do 6,87%. O tramo máis duro atópase entre o km 7 e 9, nas zonas coñecidas como La Huesera (unha recta de 800 m con ramplas de entre o 12 e o 15%) e o Mirador de la Reina, con pendentes que alcanzan o 14 e o 15% de desnivel. O seu frecuente uso desde 1983 como final de etapa na Volta ciclista a España popularizou internacionalmente a paraxe.
O monocanal rexistra a espera de miles de afeccionados ao ciclismo ao paso do pelotón. Ao mesmo tempo, tenta ampliar a súa cartografía vertical e limítrofe. Turistas e afecionados retratados nos xardín do Mirador da Reina ou nas pasarelas do museo da mina de ferro da Buferrera, vehículos modificados para a vida nómade, formacións temporais de tendas de campaña, construcións de estacións efémeras para a retransmisión de datos a tempo real e unha protesta de mineiros son algúns dos elementos que compoñen este ensaio audiovisual entendido na súa orixe como apuntamentos videográficos sobre a verticalidade.
Ficha
FormatoVideo HD | 15' | Cor | Estéreo
Ano2011
CréditosVicente Vázquez | Usue Arrieta