Free songs
 
 

Zona Franca: del muelle de carga al call center

María Ruido

Recensión

Nun principio, as Zonas Francas nacen como unha zona ou depósito franco, como unha área exenta, que inicialmente tivo carácter industrial, -pero que, ulteriormente, pasou a ter carácter comercial- e cuxa particularidade é estar próxima a un porto, e servir para almacenar e/ou transformar unha mercadoría ata que sexa comercializada, redistribuída ou transportada a outro país, diferindo impostos aduaneiros e diminuíndo os trámites administrativos.

En 1929 Barcelona e Cádiz obtiñan a concesión dunha Zona Franca, e a terceira Zona Franca sitúase no porto de Vigo mediante Real Decreto de 20 de xuño de 1947; en 1998, créase mediante Orde do Ministerio de Economía e Facenda, a cuarta Zona Franca de España, a de Las Palmas de Gran Canaria. Pertencentes á lóxica do capitalismo fordista e ás súas formas comerciais, que lugar ocupa a Zona Franca de Barcelona no deseño económico dunha cidade baseada case exclusivamente nos servizos e o turismo? Por que situar unha destas empresas no medio deste territorio en plena decadencia?

Mentres os estibadores aínda descargan fardos e os obreiros saen da fábrica (como na primeira imaxe fílmica dos Lumière de 1898), os grandes colectores -en grande parte procedentes de China- apílanse mecanicamente nos diques e os novos proletarios transnacionais entran no call center: nada mellor que un non-lugar, un espazo deas-situado respecto ao centro turístico e cultural que Barcelona pasa por ser, para situar unha empresa de servizos deslocalizados e abstractos como, por exemplo, Sitel Ibérica, unha corporación que en palabras da súa propia web, achega o seu coñecemento sectorial en consultoría, back office, atención ao cliente, xestión de riscos e recobro, adquisición de clientes, etc... en diferentes industrias como consumo, servizos financeiros, seguros, telecomunicacións, tecnoloxía e goberno, reducindo esforzos, optimizando custos e aumentando os beneficios dun socio enfocado na satisfacción dos seus clientes. Como eles mesmos reiteran: O noso enfoque global e a nosa diversificación sitúannos como socios estratéxicos na provisión de servizos integrais para os nosos clientes, colaborando con máis de 450 organizacións líderes en distintos sectores económicos en todo o mundo.

A Zona Franca, a antiga zona comercial da industria tradicional, e o 22@, o novo espazo do capitalismo loxístico e tecnolóxico son, como xa supuñamos, sobre todo parte dun grande negocio inmobiliario amparado baixo o paraugas da renovación postindustrial de Barcelona. Entón, que plusvalías económicas e simbólicas xeran, e en quen reverten? Que vantaxes obteñen as empresas e as institucións nesta simbiose? E os e as traballadoras?

Festivais | Proxeccións

Low Cost (FAD, Barcelona) (2009) | Los límites de cine (Círculo Bellas Artes, Madrid, 22 noviembre 2010) | des_Realidad (Festival OVNI 2011, CCCB, Barcelona, 22 – 27 de febrero 2011) | (S8) 2º Mostra de Cinema Periférico (Coruña, 2-5 junio 2011) | Mostra “Raias Traveseiras”, en CURTOPÍA (Vigo, 28 septiembre 2013)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.