Recensión
O faro sen isla é de 1967, pero ten varias reformas, porque o mar o oxida todo. Está nunha pequena illa e ten os mesmos anos que Félix Bacigalupo (Lois Soaxe), un mecánico da Mariña en profunda crise persoal, que chega alí para purgar a súa culpa, responsábel como se sente dun triste episodio da súa vida. Home moi relixioso, acomete a súa autoimposta penitencia retirándose do mundo.
Cando os seus dous xoves compañeiros de traballo desaparecen, o taciturno Félix atópase terríbelmente só. Naquela misteriosa illa mínima só moran el e o seu Deus, co que tarde ou cedo deberá axustar contas. O atormentado fareiro busca cada vez maior refuxio na relixión, ata o extremo de non poder discernir entre a realidade e as fantasmagorías da súa mente. O sentimento de culpa e a soedade oxídao e corróeo todo, como o mar.
Cristóbal Arteaga coquetea co realismo máxico neste filme que versa sobre a nosa relación coa fe, tan inexpugnábel como fráxil.
Ficha
FormatoVídeo HD | 85' | cor | castelán
Ano2014
CréditosDirector e guionista: Cristóbal Arteaga | Produtores executivos: Alejandro Ronda, Pere Crusafón, Eduardo Zamora, Cristóbal Arteaga | Produtores: Eduardo Zamora, Pere Crusafón, Elsa León Guerra | Xefe de produción: Daniel Alexander | Axudantes de produción: Jenny Severson, Borja Alemán, Lorenzo Dieste, Paula Cuchara | Director de fotografía: Alejandro Ronda | Operador de cámara: Carla Soto Trujillo | Foquista: Andrés Paduano | Operador cámara submarina: Felu Crusafón | Dirección de arte: Gloria Hernández Serrano | Axudante de arte: Isabel Saiz varas | Casting: Xoana Baz | Maquillaxe: Marga Ferreira | Son: Eduardo Zamora, Javier Cebrián | Deseño son: Oriol Campi, Boi Martínez | Montaxe: Eduardo Zamora | Efectos visuais: Alejandro Ronda, Alberto Sobreviela | Making of: Héctor Mingote, Cristina Morales | Elenco: Lois Soaxe, Nico Romero, Mariano Soto
+ infoLigazón á web do filme
Premios | Festivais
Festival de cine de Gijón 2014 (Sección Géneros Mutantes)
Críticas | Entrevistas
Faro sin isla: fe ciega (Alfonso Rivera)
Entrevista en Cineuropa (Alfonso Rivera)