As mortes (2019)
La declaración de los objetos (2016)
Ave y nada (2014)
El triste olor de la carne (2013)
El ascensor (2011)
Pide un deseo (2010)
Separación (2010)
(Santiago de Chile, 1979) No 2006 estudia guión na Universidad Católica de Chile con varios profesionais refutados do ámbito e consigue varios premios en festivais e axudas de desenvolvemento de guión. No 2010 trasládase a vivir a Madrid onde estuda dirección e guión no Instituto del Cine de Madrid. Alí realiza varias curtametraxes: Separación (2010), Pide un deseo (2010), El ascensor (2011). No 2011 múdase a Vigo onde escribe, roda e produce Faro sin Isla. No 2013 escribe, dirixe e produce El triste olor de la carne, que se estrea na sección Forum of independents de Karlovy Vary no 2013. Nese ano comenza a rodaxe da súa terceira longametraxe, Ave y nada, unha adaptación libre do mito de Adán e Eva, rodada ao longo de catro estacións no bosque galego, e que foi estreada no Festival Internacional de Cine de Gijón no 2015. En 2016 dirixiu La declaración de los objetos, onde os obxectos domésticos son testemuñas, a través dos seus reflexos deformantes, da desintegración dunha parella. A súa quinta longametraxe, As mortes, rodada en galego, é unha sórdida crónica negra que mestura suspense e cinema negro.