Gómez Viñas, Xan

 

(Ferrol, 1982) Xornalista e investigador do cinema afeccionado feito en Galiza. Socio fundador e programador do Cineclube de Compostela. Colabora periodicamente con diversas publicacións especializadas: A Cuarta Parede, A Trabe de Ouro, Ariel. Boletín de cinema en galego, Blogs&Docs, Revista do Audiovisual Galego, etc. Doutorouse no 2015 coa tese “Do amateur ao militante. Implicacións estéticas e políticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70”. Fóra (2012) é a súa primeira longametraxe.