Vilela, Lucía

 

Estudou dirección de cinema e é licenciada en Información e Documentación pola Universidade Carlos III de Madrid. Desenvolveu traballos como documentalista gráfica en diversos proxectos fílmicos, expositivos e editoriais. Dedicou o seu proxecto fin de grao ao estudo e recuperación dunha colección privada de ao redor de 700 negativos fotográficos pertencentes á familia do cineasta Mario Ruspoli, creador do cinema directo e colaborador de Chris Marker. Codirixiu a curtametraxe documental Volontè, retrato en 16mm sobre o grupo galego de música experimental e improvisación libre do mesmo nome, e Bionte, peza realizada en súper 8 fotograma a fotograma. Actualmente colabora na coordinación en Galiza do programa pedagóxico Cinema e Fotografía en curso, coordinado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).