(Ferrol, 1987) Estudou na Contemporary Media Practice na Universidade de Westminster e despois entrou na Nacional Filmand Television School de Londres. Neste período comezou facendo pequenos traballos para a publicidade e para a televisión e, despois, como proxecto fin de carreira, realizou a súa curtametraxe 1977 (2007), seleccionada no Festival de Sundance, e coa que, posteriormente, recolleu premios en varios festivais. Gato encerrado (2010) foi estreado no Festival de Xixón e premiado no Expotoons 2010 de Buenos Aires.