Toucedo, Diana

 

(Redondela, 1982) Estudou o graduado de cinema e audiovisuais na especialidade de montaxe na ESCAC de Barcelona até o 2008. Gradúase no Máster de estudos de cinema e audiovisuáis contemporáneos da Pompeu Fabra no 2011. Realiza varios traballos de montadora en varios filmes alleos. Realiza a peza experimental Ser de luz (2009) con materiais de Gustav Deutch e Segundo de Chomón, e Tres tiempos tres gestos (2010) baseada na obra de Naomi Kawase. Fixo a curtametraxe documental Imágenes secretas (2012), carta filmada dirixida ao seu pai embarcado na Arxentina. En 2015 estreou a longametraxe documental En todas as mans onde aborda a problemática dos montes comunais. EN 2017 estreou un documental sobre a vida e morte no Courel titulado Trinta lumes.  Ten en posproducción outro documental titulado Puerto Deseado. Tamén é docente no Posgrao de Montaxe Audiovisual iDEC/Universidad Pompeu Fabra, no Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universidade Autónoma de Barcelona e na ESCAC (UB).