Seoane, Víctor Hugo

 

(Vigo, 1982) Fillo de emigrantes en Alemaña. Licenciouse no 2004 en Comunicación Audiovisual pola Universidade Europea de Madrid. En 2003 estreouse na realización coa curtametraxe Vía muerta. Logo seguíronlle outros pequenos traballos como Uncertainity (2004), Catarse (2005), Traballos temporais (2006), Castillos de arena (2009), ata chegar a realizar Na distancia (2009). Nese ano realiza El vaivén, proxecto dentro do colectivo homónimo conformado por Jaione Camborda e Carlos Marcos. En 2015 estrea a súa primeira longametraxe, Verengo, no Festival de Sevilla. E na actualidade continúa un ambicioso proxecto chamado O Pelouro que está en fase de produción.