Santos Touza, Ángel

 

(Marín, Pontevedra, 1976) Licenciado en Historia da Arte (USC) e Diplomado en Dirección Cinematográfica no Centre d’Estudis Cinematográfics de Catalunya (CECC). Alí fai os seus primeiros traballos, primeiro a curta A. (2002) e logo outra máis ambiciosa, Septiembre (Los amores jóvenes) (2004). En 2008 presenta O cazador, adaptación dun texto de Chejov que é considerada a curta máis destacada do ano pola revista Cahiers du Cinéma España. A súa carreira como cineasta prosegue cunha nova curta tamén adscrita á serie Los amores jóvenes, Sara y Juan (2009), e cunha incursión no ensaio diarístico Fantasmas #1 (2010), que terá continuidade con Fantasmas#2 (2012). Neses anos finaliza a súa primeira longametraxe, Dos fragmentos / Eva (2010), seguida de Adolescentes (2011) un proxecto de corte experimental en base a series de retratos filmados. Xa no 2014 estrea Las Altas Presiones, segunda longa de ficción, no Festival Internacional de Busan [BIFF] e no Festival de Cine Europeo de Sevilla [SEFF] onde obtén o Premio Novas Olas ao mellor filme europeo na súa categoría.

Ademáis ten realizado diversos traballos en proxectos alleos (produción, escritura, edición); entre 2005 e 2010 participou periódicamente como redactor na revista dixital de análise fílmico mdc-miradas.net.  Como docente está implicado dende 2013 no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curso (A bao a qu / CGAI). Actualmente é o director artístico de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

O cinema de Ángel Santos Touza (Arturo Losada, A Cuarta Parede)