Sánchez, Sandra

 

(Narón, 1970) Estudou na primeira promoción da Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde realizou unha serie de curtametraxes onde destaca o documental Ven a Bens, realizado en 1993. Rapidamente comezou a traballar para a industria en diversas producións, cunha traxectoria extensa como directora, montadora, e guionista. Durante esa etapa dirixiu documentais como: Soños dende o abismo, Aguiño, sobrevivir ao Prestige ou Manuel Quiroga, e montou películas como Esquece Monelos ou Migas de Pan.

En 2011 estreou Tralas luces, un proxecto moi persoal afastado das condicións da industria, no que traballou durante catro anos, e que foi estreado na sección de novos directores do Festival de San Sebastián.

Posteriormente dirixiu as curtametraxes Matías (2016), e A Nena Azul (2018)