Saibene, Simone

 

(Busto Arsizio, Italia, 1977). Licenciouse con matrícula de honra en Ciencias da Comunicación na Universidade IULM de Milán, cunha tese titulada Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia. Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía. No 2003 dirixiu o documental Contrappunto, e o ano seguinte, en Grecia, un vídeo inspirado na Apocalipse de San Xoán titulado Patmos (Apocalyspi). En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele, de Milán, coa curtametraxe Il furto della zucca, gravado entre Suíza e Italia. Dende o 2006 ata o 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán. No 2007 escribiu e dirixiu en Galiza Retorno a San Andrés. Docente e coordinador de ciclos de cinema, xornalista, publicista e critico audiovisual, colabora con varios medios e institucións, entre outros, a revista Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, e a Esap de Porto. No 2013 estreouse a súa primeira longametraxe, 9 ondas. Desde o 2010 vive en Ourense, onde fundou a súa propia produtora e distribuidora Noveolas.