Roca, Otto

 

(A Coruña, 1976) cineasta · fotógrafo documental · aprendiz de pallaso · técnico en laboratorio de imaxe

anteriormente tratei de exercer, con toda a dignidade que souben, oficios como o fotoxornalismo, a enfermería nun hospital público ou a iniciación ao medio acuático de crianzas e maiores, tamén de persoas con discapacidade intelectual.

aprender dende cativo a convivir coa miña propia soidade (tarkovski) ou viaxar a pé (herzog) foron dúas das miñas mellores escolas vitais, que procuro seguir frecuentando.

a luz do sol fixo o resto. (O.R.)