Lúa vermella (2020) O espírito de Pucho Boedo (2018) Estratos de la imagen (2015) La imagen arde (2013) El movimiento del paisaje (2011) Recordando los rostros de la muerte (2010) Paisaje-distancia (2010-2011) Paisaje-duración (2009-2010) Rayito (2008) Zuma (2007) El profesor Tejero (2007)
(Vigo, 1983) Simultaneou os seus estudos en psicoloxía e en cinema, unha combinación que o leva a unha mirada moi singular sobre a paisaxe e as personaxes. Os seus estudos de cinema fíxoos na New York Film Academy e na TAI de Madrid. Recibiu unha bolsa de estudos de Caixa Galicia e realizou unha exposición nos seus centros da Coruña e Vigo. Neles púidose ver toda a súa obra, que realizou en pouco tempo: El profesor Tejero (2007), Zuma (2007) Rayito (2008) e os seus distintos episodios Paisaje-duración (2009-2010) e Paisaje-distancia (2010-2011). Finalmente rematou Recordando los rostros de la muerte (2010) que se proxectou no Centro George Pompidou de París en novembro de 2010. En 2011 realizou El movimiento del paisaje e Esliva, e en 2012 Na vibración e Montaña en sombra. Estas pescudas estéticas remataron coa conclusión en 2013 do proxecto Costa da morte, unha longametraxe documental que obtivo numerosos premios en festivais internacionais. Prosegue a súa experimentación da imaxe coa curta experimental Estratos de la imagen (2015). Coa colaboración do Festival de Vila do Conde realiza Noite Sem Distância (2015), unha curtametraxe no que combina experimentación da imaxe e ficción. En 2018 entra no estudio de gravación con Novedades Carminha para rexistrar o proceso creativo do grupo galego, que durante tres días elabora unha versión do éxito de Los Tamara “A Santiago voy”; o resultado é O espírito de Pucho Boedo. Lúa vermella volve aos territorios de Costa da Morte desde a ficción.