Millán, Pablo

 

(Santiago de Compostela, 1976) Rematou os estudos musicais no Conservatorio ao mesmo tempo que remataba Belas Artes. Un representante do creador total, o que se nota na realización das sús primeiras curtametraxes: a experimental Longo sendeiro de pedra e a de ficción A meiga chuchona, as dúas do 2007. En 2010 rematou a súa segunda curtametraxe de animación titulada Fatum! (2010) e en 2013 fixo o seu último traballo ata o momento, chamado Kitty Genovese.