(A Coruña, 1977) Aínda que a súa formación está máis encamiñada á produción, a evolución da súa traxectoria profesional no departamento de desenvolvemento de diferentes produtoras permitiulle, dende o ano 2003, encargarse das tarefas de guión e realización de proxectos propios e alleos. Paralelamente, no 2009 inicia como artista unha investigación formal e máis persoal, centrando o seu campo de traballo e experimentación en propostas de Cinema Expandido e Film Performances. A montaxe Fume de Live Cinema e Danza Contemporánea é recoñecida polo Injuve no 2012 como a Mellor Proposta Escénica dese ano. En 2014 sae á luz o resultado da súa estancia como becado residente no MAC GasNatural Fenosa da Coruña.