(Monforte de Lemos, 1976) Formado na Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS), Alberto Lobelle alterna o seu traballo en series de televisión, anuncios, documentais e filmes coa realización de obras de marcado carácter independente. En 2011 dirixe a súa primeira longametraxe Matisse se escribe con dos eses, seleccionada en Documenta Madrid e Al Jazeera International Documentary Film Festival, entre outros festivais. En 2015, a súa mediametraxe Den Pobedy: Día da Vitoria, realizada con material atopado, ten a súa estrea mundial no FIDMarsella. Paisaxes da Capelada estreouse no Documenta Madrid 2017.
Entrevista en El Progreso (25-7-2015)