(Lugo, 1981) Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou o Cineclube de Compostela e dirixiu a publicación Ariel. Boletín de cinema en galego. Participou no filme colectivo contra o goberno de Fraga Iribarne titulado Hai que botalos (2005). En 2005 dirixiu para Nós Producións o documental CCCV (Cineclube Carlos Varela), no 25 aniversario do falecemento do realizador e produtor Carlos Varela Veiga. En 2007 vai para Barcelona a estudar o Máster de Documental da Universitat Autònoma. En 2011 publica a súa tesiña sobre Peter Weiss na Universitat Pompeu Fabra, onde realizou a curtametraxe O proceso de Artaud (2010). No ano 2013 realiza o seu filme VidaExtra. Cofundador de Númax.