Laxe, Oliver

 

(París, 1982) Buque insignia desta xeración. Fillo de emigrantes galegos, desprazouse para A Coruña aos 8 anos. Estudou Comunicación Audiovisual primeiro na Universidade de Vigo e despois na Pompeu Fabra de Barcelona. Nunha estadía en Londres filmou a curta Las chimeneas decidieron escapar (2006). Despois marchou vivir a Tánxer, onde traballou nun obradoiro con nenos de barrios. Desta experiencia sairía Todos vós sodes capitáns (2010), Premio Fipresci do Festival de Cannes 2010. Antes filmara en Marrocos Suena la trompeta ahora veo otra cara (2007) e en Galiza a mediametraxe París # 1 (2008). No 2016 estreou no festival de Cannes a longametraxe de ficción Mimosas, rodada igualmente en Marrocos. De regreso a Galiza rodou O salvaxe leva o seu tempo (2018) e O que arde (2019), premiada no festival de Cannes.

 

Os dous olhos do Capitám Laxe (Alberte Pagán)