Gracia, Alberto

 

(Ferrol, 1978) Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde cursou a especialidade de escultura. Realizou exposicións en diferentes países do mundo. A súa obra participa de ferramentas como a pintura, o debuxo, a performance, o vídeo e a instalación. Interesado na estética, publicou en Nadal de 2010 o seu primeiro libro de ensaio titulado Microfugas, teoría y juego de la profanación, na editorial Aristas Martínez. Ademáis, participou desde entón en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011), e en conferencias e mesas redondas en relación ao tema. A súa primeira incursión no cinema foi con Microfugas (2008), curtametraxe rodada en 16 mm. O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (2013) é a súa primeira longametraxe, que conseguiu varios premios internacionais. Realizou unha segunda longametraxe titulada La estrella errante (2018) estreada no festival de Rotterdam.