Free songs
 
 

Vila Xastre [Proxecto Remolque 3]

Cris Lores

Recensión

Terceira entrega do Proxecto Remolque impulsado por Cris Lores. Taylorville é unha pequena poboación de Aotearoa, próxima a Greymouth, que é o exacto antipode de Pontevedra. Lores soterrou un rolo de 35mm durante uns meses. De ter aprofundado máis, tería chegado a Taylorville, irmanando ambas vilas. De aí o título galeguizado: Vila Xastre. Este rolo constitúe a segunda das catro partes das que consta a película. Na primeira, Lores, nun exercicio de metaficción, manipula unha escena na que se reivindican todas as persoas que, desde detrás da cámara, permiten a creación cinematográfica. A terceira parte recolle e inverte unha animación en formato panorámico sobre a que o cineasta aplica pinturas e rotuladores ou ataca con lixivia e lixas. O último fragmento está tal e como Lores o atopou nun vello cinema. Baixo o deterioro natural deste noticiario adiviñamos un título, "Motivos navideños", e imaxes relixiosas ilustradas por unha panxoliña e unha voz que reivindica "la fiesta más íntima y más feliz del año". Vila Xastre é unha ilustración dos diferentes tipos de deterioro, naturais e provocados, que pode sufrir o cinema fotoquímico.

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.