Recensión
Naomi Kawase di nun dos seus filmes: “O tempo transcorre, non pasa nada, pero o meu corazón late tan forte que está a punto de estoupar”.
O seu cinema é pura inestabilidade, pulsión e abismo. Condensa todo aquilo que pode facernos sentir aceleradamente, e, a través das súas imaxes, convídanos a habitar a inmensa ambivalencia da vida.
Esta obra recolle parte da súa filmografía, e propón unha nova construción das súas imaxes ligadas á memoria e á realidade física. Deste modo, conséguese poñer de manifesto o diálogo que a cineasta profesa entre o efímero, o eterno e o transcendente. Un diálogo que impregna de pegadas toda a súa extensa filmografía para alcanzar un lugar onde estar. Sólo é necesario dispor dunha mirada atenta e acelerar o noso corazón para descubrilo.
Ficha
FormatoVídeo | 30' | cor
Ano2010
CréditosA partir da obra de Naomi Kawase.
Premios | Festivais
Cineuropa, Santiago de Compostela 2012