Free songs
 
 

O que arde

Oliver Laxe

Recensión

O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galiza rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.

A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta a historia de Amador Coro (interpretado por Amador Arias), un veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á súa casa, coa súa nai Benedicta (intepretada por Benedicta Sánchez), a súa cadela Luna e as súas vacas. As súas vidas transcorren con normalidade no medio da natureza da súa aldea até que un día un lume arrasa a rexión.

Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial. (Wikipedia)

Festivais | Proxeccións

Un certain regard – Cannes (Premio do xurado) | Festival de Donosti (Premio da Film commission) | Festival de Ourense (Premio Galiza; Premio especial do xurado) | Festival de Cinema de Nova York

Críticas | Entrevistas

Oliver Laxe: “Gustaríame ter máis fillos e menos películas” (Ana Abelenda, Fugas, 20-09-2019)

“Femias hai moitísimas, pero mulleres poucas” (Entrevista a Benedicta Sánchez por Ana Abelenda, Fugas, 11-10-2019)

Sufridores que provocan sufrimiento (Javier Ocaña, El País, 11-10-2019)

“Lo que arde”: Maravilla incendiaria (Marta Medina, El Confidencial, 11-10-2019)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.