Recensión
Unha caravana acompaña un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero a morte non espera e alcánzao mentres cruzan as escarpadas cimeiras do Atlas marroquí. Os caravaneiros, temerosos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo até alí. A esposa do Sheikh dubida, realmente coñecen o camiño?.
Noutro mundo, paralelo e remoto, Shakib é escollido para viaxar ata as montañas onde se atopa a caravana. O seu labor é claro: ten que axudar aos improvisados caravaneiros a chegar ao seu destino. Shakib tamén dubida, é a súa primeira misión.
Ficha
Formatosúper 16mm | 94' | cor | árabe (darija)
Ano2016
CréditosDirección: Oliver Laxe | Produción: Zeitun Films, Rouge International, LaProd | Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol | Fotografía: Mauro Herce | Montaxe: Cristóbal Fernández | Son: Amanda Villavieja | Intérpretes: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Said Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad, Margarita Albores, Hwidar
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
Semaine de la critique – Cannes (Gran premio Nespresso) | Festival de Sevilla (Premio especial do xurado) | Festival do Cairo (Mellor filme)
Críticas | Entrevistas
Cannes 2016: Mimosas, de Oliver Laxe (Monica Delgado, Desistfilm)
Mimosas. Oliver Laxe (Carlos Losilla, Caimán Cuadernos de cine)