Free songs
 
 

Matías

Sandra Sánchez

Recensión

Matías ten oito anos, e vive nunha casa illada rodeada de bosques. Alí, o neno creou o seu pequeno e secreto universo.

Sandra achegouse ao programa da Chanfaina Lab de San Sadurniño coa intención de realizar un documental sobre Matías, un neno de oito anos que vive en A Vella Morta, un lugar illado e rodeado de bosques na parroquia de Santa Mariña. Mais ao coñecer ao neno protagonista, a cineasta tirou do fío sutil que conduce á mestura de documental e ficción: "A historia de Matías foime levando por outros camiños e comecei a concibir o filme como un conto, sobre a perda da infancia e do universo máxico dun neno, como unha parábola do paraíso perdido. Son temas que sempre me interesaron como cineasta: o devalar do tempo sobre as cousas e o mundo da infancia".

A cámara de Sandra rexistra e acompaña os soños e fantasías de Matías, aventurándose polos seus cinco bosques secretos. Mais quizais o neno está a piques de deixar de selo e no camiño perda tamén ese universo propio, como os adultos perdemos nalgún momento a inocencia. Matías invítanos a lembrar os paraísos perdidos de cada espectador/a e apela directamente a ese momento preciso en que lembramos a infancia como un soño.

Festivais | Proxeccións

Zinebi (Bilbao) | Three Wolves Film Festival (Eslovenia) | finalista no II Certamen de Cine Lento (Guadalajara) | Cinema Crianza (Ames, A Coruña) | Shortcup World Film Festival (Brasil) | Cine en mi Barrio (Colombia)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.