Recensión
Pingas de lume que crean un universo de asteroides magmáticos. Realidade líquida e gravitacional. Enerxía cósmica. Ritmo atomizado. Neuronas dun inconsciente liberado. Eliminación da idea de “alma” como “todo”, reducíndoa á condición de unidades de enerxía en perpetuo proceso, partículas elementais, sen duración, que xorden en perfecta dependencia. O “eu” como unha corrente de unidades de forza en incesante devir que procura a ilusión dunha entidade. Cadea kármica. Idea de que a eternidade reside no transitorio, o eterno perténcelle ao instante. Eternidade non como infinita duración senón como ausencia de temporalidade. Universo de carácter móbil, procesual, relacional e interactivo de todo o existente. Aquí o “obxecto” concíbese como algo que se vai constituíndo, completándose, perdéndose e recuperándose co ritmo vibrátil dun universo en produción constante. (C. A.)
Ficha
FormatoS8 e Vídeo HD | 6' | cor | son
Ano2014
CréditosAutora: Carla Andrade | Música: Jonathan Kawchuk
+ infoLigazón á web do filme
Premios e Festivais:
(S8) Mostra de Cinema Periférico