Free songs
 
 

La brecha

Marcos Nine

Recensión

O deseñador gráfico Rodrigo Losada e o cineasta Marcos Nine comparten unha inquietude. Despois de anos de experiencia nos seus respectivos traballos chegaron á frustrante conclusión de que, independentemente das diferencias temáticas ou formais dos distintos traballos que realizan, sempre son capaces de solucionalos cunha metodoloxía idéntica.

Para fuxir desta mecánica destrutiva da creatividade, Rodrigo ideou o proxecto La Brecha, nel servíase de materiais sacados do lixo para crear pequenas composicións dentro do formato de filmina que proxectadas deran vida a unha obra que inicialmente non fose controlada polo seu propio autor.

Tralos resultados deste traballo, Marcos Nine pretende levar ó cine ese mesmo proceso de traballo plantexando un filme evolutivo do cal nin o deseñador nin o propio director teñan control. A idea é aplicar ó material filmado as técnicas de degradación que o diseñador gráfico aplicou ás súas obras seriadas de filminas para, a continuación, montar un filme de xeito aleatorio co fin de evitar tódolos vicios adquiridos polos autores durante os seus anos de experiencia, e poder retornar así á creatividade máis pura e inocente.

La Brecha é un filme que cuestiona o concepto de obra de arte mentres pon de manifesto os mecanismos de autocensura e autocontrol dos creadores á hora de realizar as súas obras.

Festivais | Proxeccións

Festival Internacional de Cine Independiente de Buenos Aires, BAFICI 2012 | III Mostra de Cinema Periférico S8 2012 | Trendegoria Xixón 2012 | Cineuropa 2012 | SINSAL Audio 2012 | Play-Doc 2013 | BilboArte Seminario Novo Cinema Galego 2013

Críticas | Entrevistas

Entrevista en A Cuarta Parede (Arturo Losada)

Entrevista en La Voz de Galicia (Bea Costa)

Marcos Nine busca novos camiños creativos

Entrevista en Praza Pública (Montse Dopico)

Noticia en El País Galicia (Iago Martínez)

Noticia da estrea en Bos Aires (Faro de Vigo)

 

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.