Recensión
Interior, exterior, durante é unha película-instalación de 8 horas de duración que amosa un día de contemplación dunha pasiaxe costeira galega desde o balcón dunha casa. No visual, temos unha xanela con imaxes meditativas do entorno dun destino vacacional a carón do mar, Baiona e a súa ría, presentado en forma de tríptico. O son suxire un espazo fóra de campo que humaniza as estampas marítimas con gravacións cotiás do interior do fogar onde un bebé, a filla da autora, avolúe na súa aprendizaxe cognitiva desde os 0 aos 3 anos. Se no visual se desenvolve un día completo, no sonoro temos un arquivo cronolóxico de momento da crianza. O íntimo e o interior do fogar rodean a paisaxe exterior. O invisíbel dá sentido ao visíbel e o audio confróntase coa imaxe para abrazala e outorgarlle concreción e sentido.
A película foi realizada expresamente para o MARCO e instalase nun espazo-sala con dúas fontes sonoras: unha próxima ao fondo da sala, onde está a xanela e o balcón, que reproduce o son ambiente da paisaxe exterior; e outra máis cercá ao centro da sala, que alude ao interior do fogar que acolle e educa o novo ser.
Ficha
FormatoVídeo HD | tres pantallas | 8h | cor | galego e español
Ano2016
CréditosAutora: Xisela Franco
+ infoLigazón á web do filme
Premios | Festivais
Museo MARCO (Vigo, 2016) | (S8) Mostra de Cinema Periférico (A Coruña, 2017)
Críticas | Entrevistas
“Interior, Exterior, Durante” (catálogo da exposición, MARCO, 2016)