Free songs
 
 

Hyohakusha (Caminante sin rumbo)

Xisela Franco e Ánxela Caramés

Recensión

Hyohakusha é unha viaxe a Xapón, pasando por Galiza. Duas cineastas recuperan unhas bobinas de Súper 8 mm nas que se rexistrou a viaxe de dous galegos a Xapón en 1973. Con ese material realizan unha película na que engaden imaxes rodadas por elas, tamén en Súper 8, en Galiza. Ambas as duas paisaxes se confunden nunha narración visual mais tamén literaria impregnada de haikus Basho e historias de mulleres japonesas en Galiza.

Esta película ten a súa orixe nunha exposición sobre Xapón e o acidente de Fukushima que tivo lugar na Coruña na (S8) Mostra de Cinema Periférico de 2014.

Premios | Festivais

Curtocircuito 2015 | Montreal Underground Film Festival 2015 | Premio “Distinción verde” (Festival Cinemística, Granada)

Críticas | Entrevistas

Galicia y Japón, conectadas en Super8 (Faro de Vigo, 01-07-15)

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.