Free songs
 
 

Recensión

Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero... en qué momento da nosa vida perde un a súa propia?. Moitas das mulleres que esperan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que marchou, ao fillo, ao pai... manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas do tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas.

A xénese de Homes comeza tras da lectura dun artigo publicado en Fálame de San Sadurniño , "Mortos en combate en 1938": "Pareceume sorprendente a listaxe de mortos ou desaparecidos da Guerra Civil nun pobo tan pequeno como San Sadurniño, e decidín partir desta ferida aberta da nosa historia, mais dende o punto de vista feminino e centrala no ámbito das mulleres ás que normalmente non se lle da voz nestes temas. Escollín a cociña como núcleo doméstico da casa, como o centro neurálxico da muller no rural que agarda novas dos ausentes, porque non saben si o seu pai ou fillo aínda están vivos ou onde poden estar os seus corpos mortos. Ao mesmo tempo tento explorar esa capacidade que ten o cinema de que un tempo pasado poda tornarse presente. Os tempos e a historia son revisábeis e revivíbeis en certa medida como tento facer neste filme, grazas a recursos como a utilización das transparencias das mulleres -case fantasmais e suspendidas no tempo- que agardan na cociña".

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.