Recensión
Serie de 3 estudos sobre Galicia (Carlos Velo, 1935), co gallo da aparición, en decembro de 2010, de novas bobinas con material perdido deste filme. O 1º e o 2º demostran a relación entre as 3 fontes existentes con imaxes de Galicia:
▪ Galicia, versión 8 min: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985 (8’07’’)
▪ Ispanija: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes rodadas por Velo para Galicia.
▪ Bobinas: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen 16 minutos de Galicia. Sen son.
O 3º estudo ensaia unha hipotética reconstrución baseada en indicios derivados da análise das transicións entre secuencias e máis en diversas declaracións do propio Carlos Velo sobre a estrutura do filme.
Ficha
FormatoVídeo | 38' (9'+5'+24') | b/n | galego, español, ruso
Ano2011
CréditosIdea da investigación: Margarita Ledo Andión | Realización e montaxe: Pablo Cayuela e Ramiro Ledo
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores del Cine: Aurora e melancolía. O cine español durante a II República (Santiago de Compostela, marzo de 2011) -estrea- | Cineclube de Compostela (xaneiro de 2012) | “Arqueología, apropiación y reinterpretación. Ramiro Ledo” en Pasajes de Cine – Galería SLOWTRACK (Madrid, 15.02.2014) | S8 Mostra de cinema periférico (xuño 2014)
Críticas | Entrevistas
Artigo en Pasajes de Cine (Nuria Cubas)