Free songs
 
 

Electroclass

María Ruido

Recensión

Electroclass. Apuntamentos sobre a xeración de imaxinarios postindustriais desde a televisión (Bilbao como caso de estudo)

Se en décadas anteriores artistas e intelectuais miraran á televisión con suspicacia ou curiosidade, pero sempre con interese, coa chegada do vídeo nos anos 70 as relacións coa "nai primixenia"do medio intensificáronse. Desde a coñecida frase "o vídeo non é tv" que esgrimían os máis puristas, até as experiencias da TV de guerrilla e do vídeo comunitario, pasando polos traballos que artistas e cineastas como Alexander Kluge, Rainer W. Fassbinder, Harun Farocki, Martha Rosler, Peter Watkins, etc... fixeron para/sobre a televisión, o medio de masas por excelencia formaba parte do panorama da crítica da representación de forma habitual.

Será xustamente nos anos 80 (talvez debido á museificación do vídeo e á súa conversión en "videoarte") cando este intenso debate se dilúe: os artistas renuncian ao medio televisivo, vólvense completamente "apocalípticos" (que diría Umberto Eco).

A idea dunha "outra TV" desaparece ou queda reducida a experiencias minoritarias e resistentes, mentres se estende a visión da televisión como un medio de puro entretemento mirado con desdén por unha esquerda tradicional cada vez máis obsoleta, e utilizado polos gobernantes como unha institución máis do consenso imposto. E con todo, tamén é certo que os anos 80 posibilitaron nestas televisións autonómicas a realización de formatos e experimentos audiovisuais que as décadas seguintes negarían, cargadas xa co peso do profesionalismo e a corrección política. A TV autonómica dos 80 abriu a posibilidade dunha "outra tv" ante o monopolio estatal de TVE (lembremos que as televisións privadas chegan a España en 1990), posibilitou espazos para a intervención de axentes exteriores e alleos á TV que renovaron formatos, e axudaron á normalización e ao uso das linguas propias, aínda que parece bastante claro que foron instrumentos privilexiados da construción dos novos imaxinarios da "España do deseño", da modernización e o cambio, e territorios fundamentais da construción do "consenso desmemoriado" que caracterizou o proceso transicional español.

Con todas estas premisas de partida, comezamos a nosa investigación hai uns meses coa intención de formalizala ao longo do ano 2011 nun arquivo de entrevistas accesible publicamente, nunha serie de 7 pezas curtas, unha sorte de desmonte do propio material do arquivo de ETB que se emitirán nunha das canles da TV autonómica vasca (ETB 3), nun seminario onde nos gustaría reunir a algúns e algunhas dos nosos referentes e cómplices, e nunha programación de vídeo e cinema dentro de Zinebi 2011 que mostre algúns destes experimentos audiovisuais realizados de/desde/en e mesmo contra a TV.

O noso labor crítico sobre a TV non pasa hoxe pola confrontación nin pola inxenua e estéril evidencia da fetichización que esta produce senón por xerar estrañamento, por tentar unha sutil e delicada desmembración da lóxica de produción do real que naturaliza o imaxinario televisivo (igual que o máis simple e reaccionario imaxinario documental) evidenciando nel os seus marcos de construción material e, en definitiva, a súa calidade ficcional. (M.R.)

Premios | Festivais | Proxeccións

Zinebi 53, Festival Internacional  de Cine Documental y Cortometraje (Bilbao, 11-18 de noviembre 2011) | Euskal Telebista/ETB 3 (22/03/2012) | 2º Festival de la Revolution (Regueb, Tunisie, 23-25/03/2012) | Festival de Documental LUPA 2012 (Donostia, 5-8 abril 2012) | Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) (Coruña, 28/ 04/ 2012) | CineClube de Compostela (Compostela, 30/ 04/ 2012) | Screen from Barcelona Festival 2012 (MACBA, Barcelona, 2/ 06/ 2012) | n.w.here (London, 16/ 06/ 2012) | 9º Muestra de Cine de Lavapiés (Madrid, 22/06 – 1/07/ 2012) | FIDMarseille #23 (Festival International de Cinéma), (Marseille, 4-9/07/2012) | NCCA (National Center of Contemporary Arts of Moscow), (Moscow, 20/07/2012) | XOCIVIGA 2012 (Carballiño (Ourense), 3-7 agosto 2012) | Nuevas formas del documental en España. Urgencias de la  contemporaneidad (MNCARS, Madrid, 5/11 al 5/12 de 2012) | PAFID 2013 Patagonia Festival Internacional de Documental Experimental (El Bolsón y el Hoyo, 28/02 al 3/03 de 2013), Mención Especial del Jurado | Márgenes. II Festival de Cine Español al Márgen (Cineteca Matadero, Madrid, 7 al 16 de marzo de 2013)

 

Críticas | Entrevistas

Ficha do proxecto na web de consonni

Capturas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics e estamos obrigados a informarte. Se segues a navegar pola web estás dando o teu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.