Recensión
O “Den Pobedy” (Día da Vitoria) é un dos días máis importantes na maioría das ex-repúblicas soviéticas. Ten lugar o 9 de maio e nel conmemórase a vitoria da U.R.S.S. sobre a Alemaña nazi na Grande Guerra Patriótica (1941-1945), rendendo homenaxe aos veteranos e aos máis de 26 millóns de caídos no bando soviético.
Kalinichenko Vasily Porfirievich combateu no 3º Fronte Ucraíno e no 1º Fronte Bielorruso do Exército Vermello. Coma membro do 226º Rexemento de Infantería, entrou en Berlín o 22 de abril de 1945. Este documental trata sobre a guerra, sobre el e a súa familia.
Ficha
FormatoDocumental | Video | Cor | 38'
Ano2015
CréditosIdea, Produción e Montaxe: Alberto Lobelle | Produción Asociada: Xurxo Chirro | Material de Arquivo: Anónimo, xente de Mariupol | Edición de Audio: Oskar López | Deseño Gráfico: Raquel Castro
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
FID Marseille 2015 | Alcances 2015 | Play-doc 2016
Críticas | Entrevistas