Recensión
Contra a morte é un documental arredor da figura do poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958 – A Coruña, 1996), un documental de testemuñas que percorre os lugares e convive coas persoas da súa vida, debuxando un arco xeneracional para achegarse á persoa e o seu tempo. Lois Pereiro é a presencia constante dun símbolo, un poeta que apostou pola independencia da súa voz fronte á poesía canónica e profesoral, un home que viviu a vida intensamente. Monforte, Madrid, Berlín, A Coruña e O Incio son os lugares polos que os autores transitan perseguindo unha presenza, as voces que narran o paso de Lois Pereiro entre os vivos. Homenaxeado en el Día das Letras Galegas de 2011, son moitos os ángulos escuros na biografía dun poeta que encarna a modernidade na poesía galega, o risco, o punk e o underground.
Ficha
FormatoVídeo HD | 79´ | 16:9 | galego, castelán
Ano2011
CréditosDirección: Alexandre Cancelo | Guionista: Iago Martínez
+ infoLigazón á web do filme
Festivais:
Play-Doc 2011 | Cineuropa 2011 | CGAI 2012