Recensión
Estamos diante dunha biopsia cinematográfica. Cellular Movie é un pequeño filme en termos de duración, mais grande en termos de reflexión ontolóxica. O punto de partida é a cesión dunhas imáxes de células gravadas cun microscopio. Un material visual onde a súa "forma fílmica" evidencia até o extremo a súa pureza documental. Enmarquei este material documental dentro dunha ficción esaxerada que participa dos principios do xénero de cinema negro, de espías, policíaco e, tamén, da ciencia ficción. Recorrer a este tipo de palimpsestos consagrados polo imaxinario colectivo fai que en Cellular Movie choquen con extrema violencia a "forma documental" e a "forma ficcional". Unha fricción envolta, á súa vez, nunha tautoloxía que resolve con extraordinaria eficiencia a incerteza conceptual do cinema.
Ficha
FormatoVídeo | 3'54''| cor | castelán
Ano2010
CréditosAutor: Xurxo Chirro | Imaxe: Dolores Vázquez
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
Mostra de Cine e Ciencia da Coruña 2010 | Cineuropa 2010 | Transcinema 2015 (Perú)