Recensión
En agosto de 2005 fixo vinte e cinco anos da desaparición de Carlos Varela Veiga, “salvo algún traballo do cineasta Carlos Velo, o único realizador galego de cinema militante” (Xosé Paz Rodríguez). Cineclubista de base na animación e na dirección do cineclube Valle-Inclán de Lugo dende 1971 e logo cineasta, admirador de Joris Ivens, Eisenstein, Dovjenko, Santiago Álvarez, Dziga Vertov, Jorge Sanjinés.
Carlos percorreu Galiza enteira detrás da súa cámara de cinema para facer a crónica do movemento nacional-popular galego, mais deixou tamén unha estela exemplar no eido da fotografía, na cerámica, no debuxo, no deseño gráfico, no mural, no traballo cos tapices; elaborou o anteproxecto de estatutos para unha futura Federación de Cineclubes de Galiza en 1977 (que tomou forma definitiva en 1984), fundou e dirixiu en 1975 'Nós Cinematográfica Galega' e deseñou o anagrama desta sociedade que, nos seus estatutos fundacionais, defendía a “incorporación á cultura galega do fenómeno cinematográfico en todas as súas manifestacións”.
Nun tempo en que en Francia o maio de 1968 se filmou en 16mm., en que no propio 1977 de Xove, Baldaio e a loita contra a cota empresarial, Llorenç Soler veu dende Cataluña gravar, tamén en 16mm., 'O monte é noso' ou 'A autoestrada, unha navallada á nosa terra', Carlos Varela non deixou que a falta de medios materiais lle impedira a urxencia de rexistrar no seu modesto súper8mm. a loita dun pobo por se liberar da opresión colonial exercida polo centro estatal, primeiro, e polo centro mundial ao tempo. Filmando, facía bo o Godard do outono de 1978 : “É realidade: faise o que se pode, non o que se quere. Emporiso, téntase facer o que se quere co poder que se ten (...) e iso non significa en absoluto pregarse, ben ao contrario, significa reforzarse e flexibilizarse”.
Texto tirado da nota de prensa de CCCV (agosto 2005)
Ficha
FormatoSuper 8mm | miniDV | 67' | cor | galego
Ano2005
CréditosDirección, guión e montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro | Posprodución de son: Cristina Morquillas | Posprodución: Gaspar Broullón, Miguel Fernánde | Produción executiva: Margarita Ledo Andión | Documentación: Ramiro Ledo Cordeiro | Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo Lomba | Cámara dos insertos: Ramiro Ledo Cordeiro | Transferencias Super 8mm-DVD: Ophiusa, CGAI| Transferencias Super 8mm-miniDV: CGAI
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
XIX Festival da Poesía do Condado (Salvaterra de Miño, setembro de 2005) -estrea- | Cineuropa (Santiago de Compostela, novembro, 2005) | CGAI (A Coruña, 2006) | Festival Latinoamericano de la Clase Obrera (FELCO ‐ Bolivia, 2006) | Festival de Cine Pobre Santiago Álvarez (Cuba, 2006) | Filmoteca Université Paris VII ‐ Sorbonne Nouvelle (París, 2006) | Cineclube de Compostela (Santiago de Compostela, 2007) | Filmoteca UNAM (México, 2007) | CCCB. Exposición En Transició (Barcelona, 2007- 2008)
Críticas | Entrevistas
Crítica en Galicia Hoxe (Xabier Cordal)
Artigo en Blogs&Docs (Iván G. Ambruñeiras)
Catálogo de Entrecruzar, Centro Galego de Arte Contemporánea