Recensión
Adolescentes é unha sucesión de retratos filmados. O seu motivo de estudo son os rapaces e rapazas que, en pequenos ou grandes grupos, parellas ou en solitario, agardan nas rúas a que o tempo pase a través deles. Uns retratos nos que tan importante é a actitude da nosa mirada como a que os mesmos protagonistas das imaxes devolven á cámara ou proxectan ao seu arredor. Unha visión da adolescencia contemplativa e non enxuizadora, na que non obstante podemos recoñecer os modos, lugares, e inquedanzas da mocidade.
Ficha
Formato16mm | 63' | cor | galego, castelán
Ano2011
CréditosFilme de: Ángel Santos | Imaxes: Alberto Díaz ‘Bertitxi’ | Sons: Xavier Souto, Ángel Santos | Produción executiva: Ángel Santos
+ infoLigazón á web do filme
Festivais | Proxeccións
Adquirido por Hamaca para o seu catálogo | FID Marseille 2011 (Vidéothèque) | Cineuropa 2011
Críticas | Entrevistas
Crítica en Acto de Primavera (Alberte Pagán)