Recensión
Rosa é unha muller próxima aos 60 anos. É ama de casa, e a súa vida non se diferencia moito doutras mulleres da súa idade. Rosa invirte o seu tempo nas labores domésticas ó tempo que coida dos seus netos. A costura é unha das súas afeccións e reúnese con amigas e compañeiras para practicala. A pesares da súa vida tranquila, Rosa garda dentro de sí as vivencias dunha vida pasada moito máis axetreada. Unha vida na que desde moi nova comezou a traballar nunca fábrica de punto: Maperlán. Rosa quedou marcada por ese momento o sentirse por primeira vez independente e autosuficiente. Sen embargo, na actualidade, o lugar que foi tan importante para Rosa, non é máis que un solar en ruínas. As fábricas pouco a pouco foron pechando e non son máis que locais coas ventás tapiadas.
Ficha
FormatoVídeo | 22'44'' | cor | galego
Ano2008
CréditosImaxe: Ben Díaz | Son: Martiño Vázquez | Música: Manuel Riveiro e Ariel Rossi | Montaxe: Marcos Nine | Postprodución: Fran X. Rodríguez | Xefa de Produción: Ana Mariño | Produción Executiva: Alicia Veira | Guión e Produción: Marcos Nine
+ infoLigazón á web do filme
Premios | Festivais
2º Premio do II Festival de Curtas galegas de Sada | Mellor Curta documental no 5º Festival de Cine Internacional On&Off de Ribadeo | Sección oficial da II Mostra de Ciencia e Cinema | Sección oficial III Festival Internacional de Cine de Gualeguaychú (Argentina)