Recensión
Serie de 8 pezas breves, realizadas no obradoiro de Abbas Kiarostami durante o Festival IBAFF 2013 de Murcia, sen unha aparente relación directa ou narrativa entre elas. A relación que se establece é, por unha banda, que xorden dunha mesma busca, dun mesmo proceso, dunha mesma necesidade. E, pola outra, a orde de visionado (unha orde non aleatoria, senón establecida dramaturxicamente) que xera unha unidad e un sentido máis poético que narrativo.
Agachada no pequeno, no minúsculo, o cotiá, o insignificante, está unha tensión que nos inquieta porque nos fala de nós e do noso mundo a un nivel primixenio, porque nos desvela tanto como nos oculta.
Pezas:
1. amar(r)as: 5:03 minutos
2. alento: 4:00 minutos
3. damocles: 2:31 minutos
4. furias: 4:49 minutos
5. urco: 4:53 minutos
6. juan: 1:42 minutos
7. herminda: 4:57 minutos
8. nana: 2:14 minutos
Ficha
FormatoVídeo | 30' | b/n | son
Ano2013
CréditosAutor: Carlos Álvarez-Ossorio
+ infoLigazón á web do filme
Festivais
Cineuropa 2013 (Compostela) | 8ª Lupa Dokumentlen Mostra 2015 (Donostia)