(Pontevedra, 1979). Licenciado en Comunicación Audiovisual. En 2006 realizou o Máster en Documental de Creación da Universidad Pompeu Fabra (Barcelona) onde desenvolveu a idea da súa primeira longametraxe documental, Manuel e Elisa (2008), centrada na vida cotiá dun matrimonio de anciáns do Rosal. A súa segunda longametraxe documental é Fraga e Fidel, malia todo (2012), na que aborda o encontro no 1992 en Galiza das dúas figuras políticas. No BAFICI 2016 estreou a súa terceira longametraxe documental, Angélica Liddell. Vida e obra, retrato fílmico da coñecida directora de teatro, a partir do seu traballo na sala de ensaio. Desde 2007 compaxina o seu labor cinematográfico co traballo de foto fixa en series de televisión como Desaparecida (TVE), Guante Blanco (TVE), Gran Reserva (TVE), Hispania, la leyenda (Antena 3), Imperium (Antena 3), Gran Hotel (Antena 3) e Galerías Velvet (Antena 3). Vive en Madrid.