Den gula tegelvägen (Yellow Brick Road) (2015)
Ingen ko på isen (No Cow on the Ice) (2015)
I den nya himlen (No novo céio) (2014)
Pettring (2013)
(Simes, Pontevedra, 1985) Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autònoma de Barcelona, centro no que cursou tamén o Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo. No ano 2010 comeza a súa actividade no ámbito do cinema como crítico na Radio Galega e como cofundador e codirector d’A Cuarta Parede, primeira revista dixital escrita en galego adicada á crítica cinematográfica. Ese mesmo ano é membro do xurado novo internacional de 67ª Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica dei Venezia. En 2011 escribe e dirixe a súa primeira curtametraxe documental, Fills de Samsó, co-producida por Televisió de Catalunya. En 2012 trasládase a Estocolmo, onde comeza un extenso proxecto de diario filmado e unha correspondencia fílmica con Marcos Nine. De ambos os dous proxectos, aínda en proceso, despréndese a súa seguinte curtametraxe: Pettring (2013). En 2014 é seleccionado polo Festival Punto de Vista a participar na cuarta edición do Proxecto X Fims. Nese ano rematou a curtametraxe I den nya himlen [No novo céio] para Proxecto Nimbos e fixo Jet Lag. En 2015 realizou a longametraxe Ingen ko på isen [No cow on the ice] e a curtametraxe Den gula tegelvägen [Yellow brick road]. En 2016 estreou a curtametraxe Rust no FIDMarseille e en 2018 rematou Hamada, filmada ao longo de varios meses nos campos de refuxiados sharauis en Tinduf (Alxeria).